4/24/2007

A Casa da Auga da Coruña



Non estiven na inauguración da Casa da Auga, edificio deseñado por Xosé Manuel Casabella e ubicado ao lado do Estadio de Riazor, pero tiven enviadas especiais que fixeron unha bonita reportaxe gráfica que a min polo menos me deixou coa boca aberta e que a elas lles encantou: xeniais Els Comediants, o equipo español de natación sincronizada, moi emotivo espectáculo, tremenda piscina olímpica (homologada pola FINA), precioso circuito termal e unha chea de auga de mar que han de coller da cala de San Roque. Aparte diso coidáronse de que parte do suministro enerxético viñese de placas fotovoltaicas, vamos, el no va más para Coruña.

E ala, aí van as fotos e comezamos cos bañistas do ano da polca:



Música acuática



Bafaradas de vapor



Orixinal palco para presentar o espectáculo



Os 12 barrios da Coruña, alegoricamente representados, aportando o seu vaso de auga na cuarta Casa da cidade



Homes burbulla na piscina





O equipo nacional de natación sincronizada



As letras da Casa da Auga ardendo, nun bonito espectáculo con lume e auga






Dan ganas de ir visitar o lugar, non?



Pois seica cara final de mes se vai poder visitar, anque van ter preferencia os que xa están preinscritos, se non o estás (coma é o meu caso) pódese facer aquí e de paso ver o que ofrecen.



O conto é que na Coruña aínda hai clases, que seica han ter unha zona VIP e todo.

15 comentários:

Asimè Triko disse...

Pois si que dá gana de ir á casa da auga. Moi orixinal o da billa-palco.

Pois non me sorprende tanto o da zona VIP, tendo e conta como é Coru. E non sabía que A Coruña tiña 12 barrios, así un número concreto, pois pensaba que iso dos barrios, aquí nas cidades galegas, era algo desdebuxado que non quedaba moi claro onde empezaba este ou aquel.

besbe disse...

a ver, eu aínda non os sei ben, pero digo eu que será unha cousa coma esta:

Montealto, Cidade Vella, Riazor, Catro Camiños, Ventorrillo, Os Castros, Os Mallos, Elviña, Matogrande, Mesoiro, Palavea, O Birloque...

non teño nin idea, a ver se hai algún entendido no tema que nolo aclare e máis ou menos si andan bastante ben delimitados, creo eu.

O da zona VIP e o da Coru creo que era de esperar, de feito andan os da Solana a facerse publicidade e captar clientela porque me da que teñen medo a quedar sen xente cando abra a Casa da Auga.

Anónimo disse...

Non daba eu un duro pola Casa do Auga e despois de ver estas fotos estou a cambiar de idea...
Coñezo unha persoa que estaba no proxecto inicial da casa do auga, e polo que conta, a idea ó comezo era que todo fora bastante Vip, con moi poucos socios e prezos mais elevados. A verdade é que o termalismo, se está masificado deixa de ser agradable, pero unhas instalacións públicas co escaso que é o solo público e o caro que é facelas non poden ter o morro de facelas só para catro ricos.
Ainda que na Coruña se puideran...

Anónimo disse...

Iremos, pois, a Coruña a inaugurar. Primeiro a esfera subidora de san Pedro. E despois a tomar as aguas á Riazor (pronúnciese Rieisor) Waterhouse. Pero menos mal que sempre nos quedará o Bombilla.

A Raíña Vermella disse...

Na casa da auga... pódese nadar? Porque só ver sen poder tirarse é como pegarse ao escaparate da pastelaría polo lado de fóra:)

Anónimo disse...

Ten unha pintasa! Está xenial para o inverniño que temos no país, porque irse meter a un lugar cuberto durante o verán é delito por moi megafashion que sexa!!!

besbe disse...

arume eu do elevador de San Pedro non me fiaría moito que andan a darlle moitos retoques, e of course, Bombilla forever :)

rainha creo que si se pode nadar, a partir de xuño que inaugurouse así de cara a sociedade, e falando de escaparates, comentáronme que aquelo si é un auténtico escaparate do bonito que é.

Jan para o verán Rieisor (ou outra praia calquera) pero para o inverno si que ía ser unha boa opción.

Sobre os barrios, igual son máis, Castrillón, Eirís, o Barrio das Flores...

Anónimo disse...

moi boa pinta iso de nadar mentres chove fóra, a corunha é toda VIP, nom en van foi Paco vasquez quen inventou ese termo...

besbe disse...

lémbrame ao que me dixo un amigo cando falaba de Madrid e das obras de Gallardón, que lle chamaban Gallardonadas, con Paco vai pasar igual. De todas as Paconadas esta igual vai ser a mellor feita. E saúdos paraxe :)

Anónimo disse...

Moi ben eses homes ou mulleres-burbulla¡ Terei que visitar esta casa da auga. Un bico(valdeorosa-rosa)

Anónimo disse...

Outro motivo para achegarme ata Coruña, e xa son uns cantos. O que me enturba as augas e o da zona (seica) Vip...

besbe disse...

Valdeorosa e doutora seymour, mellor agora que se achega o bo tempo imos a praia e ao aire libre á Chavasqueira en Ourense, termalismo puro e duro.
O da zona vip, Coruña te es así.

Bicos!

Anónimo disse...

¡A chavasqueira mola mil! e por 3 euros a última vez que fun

besbe disse...

Pois ves? eu aí aínda non fun e téñolle ganas :)

Paz Zeltia disse...

Mais barrios: A Sagrada (abreviado da Sagrada Familia que xa é delito que un dos barrios mais abandoados se chame así, será porque ós pobres sempre tratan de consolalos con a relixión)
A Agra (do Orzán), A Gaiteira...

Por o demais, shit de pijos da Coru, que aqui non hai VIP, aquí temos CTV (Coruñeses de toda la vida) que seica e un rango poriba do outro.