4/09/2007

Fiascos varios



Debo anunciar, xa sen agardar á medianoite e impactada coa tremenda participación no I Premio Blogomorgue de Novela, que o premio que estaba aínda sen confirmar vai resultar deserto, tan deserto como todos estes .

Non sei que foi o que fallou, ao mellor non era o formato blogue o adecuado, ao mellor resulta que cada un de nos xa ten un espacio de creación e expresión propio nos blogues, podcast etc e non precisa amosalo noutro lugar, ao mellor resulta máis apetecible e rentable escribir para gañar cartos, ao mellor non había ganas ou o máis seguro é que non fose moi boa idea.

Tanto ten. Para o ano se andamos por aquí, voltarase a convocar, e igual non teremos o alcume de blogomorgue encima e si haberá participación. Ou non.

De tódolos xeitos parabéns ao gañador do concurso de "interpretando nun mundo de paxaradas" convocado por an.

13 comentários:

Prosciutto Mourente disse...

Ups com tanta desconexom insular nem me inteirei... :(

Elianinha disse...

Que lástima! Eu non o sabía. Había que darlle máis bombo, que se me houbese dado tempo participaría. De todos os xeitos, estou de acordo con Ghanito, había que dar unha orientación do espazo máis ou menos, que o de novela impresiona un pouquiño.

Anónimo disse...

outro que non se enterou. A idea penso que é boa pero é certo que o da novela asusta a calquera.
Agardaremos secuelas.

paideleo disse...

Pois queda para o ano...a ver se me axuda o Leo.

besbe disse...

Prosciutto agardo que o pasases ben nas ínsulas, pero nada, que esto xa viña de atrás.

Como ben di elianinha igual non lle dei bombo abondo...que tiña medo de fose mala idea e non participase ninguén e igual se lle tivese dado algo máis de bombo ía adiante, non sei, medos que se meten na cabeza e todo o rollo.
Pois novela é calquera cousa que encha un mínimo de espacio, que aquí postear posteamos un anaco longo máis medo non mete ningún e non sei, pareceume que había xente con moito que contar, pero igual non era o formato ideal.

Cambote, pois eso, que non debía asustar o de novela, que as hai ben xeitosas que se len nun plis e contan historias a mar de interesantes e era o que me facía ilusión, a ver que se cocía no blogomillo este en canto a historias.

Acedre (pai de leo si, pero pra min es acedre :D) pois ves? ben lle podías escribir un contiño ao Leo pra cando medre, que tamén fantaseaches con moitas cousas e contáchelas e estiveron moi chulas.

E eso, para o ano tentarase, daráselle máis bombo, especificarase cantidade de liñas, escollerase outro tipo de formato e a ver por favor, haberá máis participantes. A todos vos, graciñas que así xa non é tanto fiasco :)

besbe disse...

He dicho graciñas...xa debo estar ben agradecida.

lourixe disse...

Sinto a falta de quorum... eu formo parte das coitadas que mesturamos realidade con ficción na lectura dalgún post... e foi a forma de nos enterar da cousa. A ver se me vou espilindo nestas cousas blogueiras!

Manuel Ángel Candelas Colodrón disse...

Proba con un premio Blogorgasmo: parece máis alentador. Para un día exacto, unhas palabras exactas. Ponte ti de xurada e das o premio o día seguinte.
Por outra banda, xa está arranxado o húmido video de Outkast.

Anónimo disse...

Recoñezo que sentei diante da pantalla ca idea de participar na convocatoria, pero na ficción non me dou tanto xeito coma contando cousas da realidade. E ademais tento fuxir das historias longas.

Agora teño un ano para argallar algo, tentareino de novo ;-)

besbe disse...

lourixe, eu cando digo algo dígoo en serio anque pareza a tontería máis grande do mundo, así é que nunca me fan caso :D

sr arume paréceme moi boa esa idea, de feito xa ando pensando en poñela en práctica, todo é cuestión de tempo e de voluntarios pff anda esto que arde, non dixen nada. Sobre o vídeo, ben húmido si que acabo de velo ahahaha

ghanito que me vas contar, dentro dun ano se seguimos por aquí algo teu quero ler, será por tempo :)

Anónimo disse...

Se para entón a miña paciente aínda non rematou a súa terapía, tentarei animala, como tratamento complementario.

An disse...

Unha magoa, para o ano avisame con tempo e verei se podo aportar algo ;) Graciñas por facerte eco do premio que comboquei, unha aperta :)e milleiros de bicos

besbe disse...

Moitas gracias polo ofrecemento doutora seymour, pero dame que ten abondo que facer coa súa paciente, para cando lle dea a alta a ela penso que eu xa estarei reposta (se non o estou xa) de tremendo baixón :)

an, para o ano sen falta e moi bo o do premio :)