4/18/2007

Fibrose quística, solta de globos

Pois de novo, ao igual que o ano pasado, gustaríame que viñese moita xente o domingo a partir das 11:00 da mañá a María Pita. Van facer unha solta de globos dende a Asociación Galega de Fibrose Quística e é algo moi bonito.

Trailer Documental "El beso salado"-Juan Zausen films


Que, alegremente deixou de ser unha enfermidade pediátrica e así, esta frase atopada no s. XVII (por aí andaría Quevedo facendo das súas), vai deixar de ter sentido:

Pobre de aquel niño, que al besarle sepa a sal; un misterioso embrujo, se lo llevará

E vide! Domingo de 11:00 a 13:00 horas na Praza de María Pita

4 comentários:

besbe disse...

despois ímoslle tomar unhas cañas e tal

Anónimo disse...

Non vou a estar, pero vaia dende aquí o meu apoio solidario dende ó lonxe para toda esta xente, e para as súas familias, que teñen que loitar, día a día, coa súa enfermidade e coa pouca compresión que de seguro amosa a sociedade en xeral e a administración en particular. Sorte.

Anónimo disse...

Esas ganas de vivir, esa superación constante, a loita, e tantas cousas que nos poden aportar, é o que precisa esta sociedade egoísta que afoga nun vaso de auga mentres mira o seu embigo. Toda a miña solidaridade para eles, e un globo liberado na distancia para que se xunten no aire.

besbe disse...

Hai de todo randeeiro, pero agardo que tanto a xente como as administracións se decaten dos contratempos que leva consigo unha enfermidade, máis aínda cando esta é crónica. E gracias polo apoio :)

Doutora Seymour que lle vou contar, se eu mesma ás veces xa me afogo tamén no vasiño de auga. Lembrareime de vos cando se solten os globos :)