Por qué adicas o teu tempo a facer isto?
Opalheiro1: Pois sempre tés que topar algo no que botar o tempo, e a verdade é que o blog nom consume tanto tempo.
Opalheiro2: Tem razão 1, não gastamos muito tempo no blog, e o bom dum blogue colectivo.
colixo: Por xogo.
Por qué imaxes e non texto?
Opalheiro 1 e 2: Nós metemos texto! Pero as imaxenes son mui importantes no noso blog.
colixo: Deixa máis liberdade á imaxinación.
De onde sacas as fotos?
Opalheiro2: Fedelhar pola internete adiante, e mais duma vez modificar nós alguma para que quede melhor. Para ilustrar um post no palheiro sempre metemos en google "photo erotica" e a surfear um pouco. Também contamos coa indicação dos colaboradores
colixo: De webs especalizadas en fotografía erótica.
Fas estas cousas de verdade?
Opalheiro1: Que se fodemos? Unhas mais que outras!
Opalheiro2: Se o blog não tem mais entradas é pela falta esporádica de sexo dos seus habituais. Temos o compromiso de não escrever se não fodemos.
colixo: Traballar, postear e foder? Claro!
A típica cuestión, como surxiu a idea e a temática do blogue e como foi a xestación?
Opalheiro1: Pois os creadores do Palheiro non tíñamos blogue de seu, pero somos uns miróns do blogomillo, e un dia que estávamos a falar de temas varios coido que foi este daquí quen relacionou o noso voyeurismo con algún matiz sexual...
Opalheiro2: E o LK fizo o resto. Estivemos um mês a pensar em fazer o blogue, e uma manhã em arroutada registrei o nome (ideia da minha companheira) e mandei-lhe um correio. A verdade é que não foi uma cousa mui pensada.
colixo: Nunha mañá de resaca en boa compaña.

Lore di en madialeva "Igual eu tamén teño algo que decir". Sobre o sexo está todo dito ou aínda queda moito que contar?
Opalheiro1: Para nada. Levamos fondendo dende antes de baixar das arvores e ainda hai xente que fai libros e blogs sobre sexo. Se todos repetiran o mesmo non teriamos mercado.
colixo: O sexo, como os clásicos, sempre ofrece novas interpretacións.
Outra frase, desta vez aparecida en laranxa, "O problema basco non é o terrorismo, se non o sexo" e a lei de Berto "A medida que unha discusión online en galego sobre calquera tema avanza, a probabilidade de que se mencione o reintegracionismo/isolacionismo achégase a 1", dame pé a preguntar se en Galiza temos o mesmo problema.
Opalheiro1: O sexo non soluciona todo, pero axuda. Unha sociedade "mais satisfeita" no eido sexual seguro que toma as couas con menos dramatismo. E no Palheiro nom admitimos leas, nen políticas nen ortográficas
Opalheiro2: Nós decidimos a normativa da página (dos menus e dos comunicados "oficiais) botando uma moeda... imaginade.
colixo: Onde está o problema de termos mais sexo que terrorismo?
A sociedade galega é pechada de mente en canto á sexualidade se refire ou todo o contrario?
Opalheiro1: A sociedade galega é mais pechada de mente do que un poderia pensar. Algunha noite podes topar na cama con algún que ten ideas ou prexuizos sexuais que meten medo.
Opalheiro2: A minha experiência não é tam crítica como a minha companheira. Não sei se é cousa da nossa sociedade, pero os galegos adoitam estar mais "esfameados" e se nas conversas não adoitam sair temas sexuais depois na cama amanham essas faltas.
colixo: A sociedade galega ábrese mais de mente que de pernas.

Cando se fala moito dunha cousa é porque se carece dela. En relación ao sexo, no voso caso é igual?
Opalheiro1: Nós temos a firme promesa de non escribir no Palheiro se esa semana não fodemos. Nada de historias vellas, Todo actualidad! Outra cousa son os nosos colaboradores
colixo: A linguaxe do sexo é a única que se pode falar coa boca chea.
Teriades reparo en amosar a vosa identidade real ou é preferible ser unha incógnita como coyoacan de vsqn?
Opalheiro1 e 2: Nin de coña!
colixo: Para que? Axuda nalgo saber nome e apelidos en temas de sexo?
Unha personaxe galega que levariades a cama ou coa que fantaseedes?
Opalheiro1: Xa sei que é un tópico... pero Manolo Rivas.
Opalheiro2: Eu não quero lios com famosas, que depois so dam problemas
Opalheiro1: Ei! Pero ti e mais eu temos um acordo...
Opalheiro2: Sim, bom. Não sei como se chama, pero a rapariga que da os esportos na TVG pela manhã. Se entra a tiro algum dia "A palheira" e mais eu queremos um trio. Pero essa não é famosa!
colixo: Moitas. Desde Teté Delgado a Toñito de Poi. E dos non famosos a lista ainda é máis longa.
O fodemillo integrado no blogomillo. Hai algún blogueiro que vos encha o ollo ou polo cal tedes curiosidade sexualmente falando?
Opalheiro1: Non é peloteo, pero eu sigo Beliscos Pequenos! Pero nada sexual, non se enfade!.
Opalheiro2: Eu não estou tam metido no blogomilho como ter preferências :D
colixo: Pero os blogueiros teñen sexo?
Predominan as mulleres dentro desta temática, a que pensades que é debido?
Opalheiro1: Non hai unha viñeta na que sae un home gordo e con barba chateando como se fose unha mulher loira e escultural? ;)
Opalheiro2: A verdade é que todas as colaboraçoes no Palheiros forom de mulheres. Não sei a razão, mais está bem!
colixo: Hai máis onanismo entre os homes e exhibicionismo entre as mulleres?

E falando de homes, as minhas mulleres ten imaxes case pornográficas en comparanza co resto dos blogues. Vense aí as diferencias entre o que poida excitar a un home e a unha muller?
Opalheiro1: O "case" sobra, que a última que mirei sain conas e carallos en versión macro! Eu podo sentirme escitada por unha imaxen esplícita, pero moitas veces as imaxenes que crea a mente lendo os textos doutros blogs son mais efectivas.
Opalheiro2: Eu nunca precisei de imagenes esplícitas para os meus posts, incluso "difuminei" algunha... Que o nosso é um blogue com estilo! A verdade é que os homens psomos mais visuais e queiras ou não a pornografia, se está justificada, não tem porque devaluar o blog.
colixo: Non creo que a diferencia de estilo teña a ver co xénero.
E por último, todo o que contades no blogue é verdade ou hai moita fantasía posta nas vosas verbas?
Opalheiro1: Agás cuando falemos de fantasias (e así se indique) todo o que poñamos no Palheiro é pura verdade!! (literalizada).
Opalheiro2: Amem. (Bom, também há sitio para fantasias e histórias inventadas no palheiro).
colixo: Non traballo en fábrica ningunha.
Sen máis moitas gracias e se tedes algo máis que engadir, xa podedes comezar.
Opalheiro2: Pois aproveitar para fazer publicidade de autos Lobell... digo do nosso blogue e lembrar que cualquera que queira entrar nisto do fodemilho (anónimamente se calhar) pode emprega-lo :D
Pois ata aquí chegamos e hoxe os agradecementos a Snob Megalove e a Gustavo Harvey, e por suposto a tódolos integrantes do fodemillo. Moitas gracias.
6 comentários:
Bufff!! e despois dos mmmmmúsica... todo isto!! Isto si que é boicotear a semana santa (podemos facelo todos os anos como ritual!).
Xa era hora de que nos enteraramos de quen hai detrás destes blogs que nos envician no fodemillo ;) E iso de saber que non hai post (segundo din os do palheiro) se non se follou aínda pon moito máis.
Estes días ando algo desconectada deste mundo e entereime algo tarde dos plans de quedada, eu este sábado non podo pero apúntome axiña a calquera outra data. E así coñecémonos, que creo que o de aquel sábado case puido ser pero non foi, porque cando atopei no Ruta coa xente que viña do Malas Pécoras ti xa te foras. Pero atopámonos nunha desas quedadas próximas :) moitos bicos
arqueira, vamos formar a comisión de festas ti máis eu visto que o harvey e o mario non se poñen dacordo...mantémonos en contacto e se non é este sábado será outro :)
Máis bicos para ti e agardo verte en breve que seguro que temos moito que contarnos muas muas!
@s do Palheiro estamos encantad@s com Besbe, retratista do fodemillo! (E desexamos que participante nun futuro :D)
Isto a título mais persoal, como larpeira que son... encantoume a cona de chocolate! De onde a sacaches? Quero imaxenes asi para o fodeblog :D
(O de actualizar só si fodemos é verdade, e na nosa vida de solteir@s é unha condición mui dura :D)
As gracias á xente do palheiro e a todo o fodemillo e sobre o de participante, en breve vai, de veras que si ;)
O da cona de chocolate...terei que preguntar a ver onde estaba, que foi colaboración do Snob e a ver, que de solteiros/as faise máis de todo e mellor, quero actualizacións!!!
Bicos a todos (e todas)!
Who knows where to download XRumer 5.0 Palladium?
Help, please. All recommend this program to effectively advertise on the Internet, this is the best program!
Enviar um comentário