
Como non teño que facer vamos a falar deste noso grande blogomillo:
Que nos contará veloso na súa tan agradable volta?
Que acontecerá co envite de cambote?
Virá a exposición de Bob Dylan a Galicia?
A onde se retira Gustavo Harvey?
Por que será que parece que non enganchan os podcasts?
Como transcurrirá esa xuntanza blogueira o sábado 14 en Compostela?
Carlos Marcos ten posibilidades para a conquista do concello de A Coruña?
Para cando ese partido de billarda blogomilleira con posterior saída nocturna na Coruña?
Segue sendo esto a blogomorgue?
Será posible que remate sendo unha funcionaria máis?
É posible que o funcionariado sexa tan adictivo coma a billarda?
Estas e outras cuestións terán resposta ao seu debido tempo, compañeiros, permanezan atentos ás súas pantallas e si, hai vida máis aló de internet. Incrible, pero certo.
9 comentários:
xusto agora veño de lle contestar á contestación que me dou raínha e aínda que non conto co seu permiso -perdóame, por Isis- podo confirmar que normalmente non leva machete, ou eso di ela.
Xa non é que sexa posible que acabes sendo unha funcionaria máis. É que, se fose asi, ías tomar posesión na Pirámide antes que no Servizo de Persoal. Ser da Pirámide non é ser un funcionario calquera. É ser un funcionario underground.
A próxima saída billardeira vai cara a Santiago pero xa temos pensado pasar coa guagua da LNB por Coruña para recoller a todos os adictos.
Ostias, ti, great besbellinha, para funcionaria. Por favor, non. Eso non. Ti tes que ter un (boísimo) salario por escribir no teu blog. Este país, definitivamente, non funciona.
Mágoa de festa para o 14, pero o día das letras galegas tiñamos que facer unha rachada dixital (enténdase ben) para confirmar que o blogomillo vive.
manda caralho....
a quem lhe pode interesar aonde me retiro eu?
.... já mo contarás :D
FRIKIS QUE SOIS UNOS FRIKIS!
Non hai novas da exposición de Dylan. A única é mala: o non do MARCO. Eu penso que se equivocan, que tería moita repercusión para o museo e para a cidade, pero en fin. Eu é que non teño contactos. Ben sei que se alguén dos mandamases das salas de exposición fora dylanita (que me estraña un güevo que non haxa ningún) estaría feito.
Besbe, funcionaria! Ben. Moi ben. Iso está ben.
cambote está ben saber iso da rainha vermella, para a túa información eu levo navalla.
a pirámide, se chego a ser funcionaria, máis underground ca min non ha de haber, sería das poucas que acadasen praza sen ter estudiado ren.Ía molar, a que si? :)
Arume dos piñeiros, tranquilo que a funcionaria non chegarei ho, é un hobby eso de ir aos exames, así por ver xente coñecida...outra forma rara de socializar e tal, punto de encontro de xente que hai tempo que non se ve, xa sabes. Aspiro a que me paguen por escribir, pero véxoo negro, pero a esperanza nunca se perde :D E moi boa idea esa do día das letras, xa estamos tardando en organizar algo eh?
Randeeiro temos que falar seriamente o tema que a cousa pinta interesante, billarda no blogomillo xa! E os interesados que o vaian dicindo.
Harvey interésame a min ho e de friki pouco che teño, anque onte na cea, os tres que estabamos (in-ca-ju), fixemos a nosa aportación nos comentarios a esa grande lenda que é Chuck Norris.
de la highway, non hai oposicións para o MARCO? que namais pola exposición dylanita xa me vías a min preparalas duramente. A esperanza nunca se perde, a ver se hai alguén que se faga eco da proposta ou que mova fíos por onde corresponda ho.
Bicos a todos!!
Pois eu sigo esperando ansiosamente esa próxima xuntanza da LNB, hehehe... Xa estou afiando a billarda!! :P
Pois a ver se poñemos data david, que eu a navalla xa a teño preparada para afiala :) Contamos contigo, non? E teu curmán que veña tamén!
Enviar um comentário