4/19/2007

Mariano como eres



Aprendín moito:

Nas manifas do PP non hai bandeiras preconstitucionais, non existen.

Mariano Rajoy es gallego y sabe decir moitas gracias.

O PP perdeu o poder en Galiza inxustamente porque tiña a maioría de votos, e como dixo un amigo meu "si, e os mortos tamén votan"

Dos hilillos de plastilina non vou falar porque hai outra frase que o supera:
"Estuvimos planteándonos el haber bombardeado el petrolero con nuestros cazas F-18 y los Harrier de despegue vertical" Federico Trillo, ministro de Defensa 20-11-02

Para ser político hai que dicir mil veces: "voy a bajar los impuestos".

Temos que aprender todos inglés, español ou castelán e dentro de pouco chino por iso do número de falantes de cada lingua. Que pena que o hindi estea antes que o portugués e que o portugués sexa tan distinto ao galego. Hai cousas que non cambian.

O dito, a mercar El País, que polo menos cunde máis.

22 comentários:

Torreira disse...

Mariano...que insulto á intelixencia

Anónimo disse...

O que pasa é que lle tes mania ó pobre rapaz XD

Anónimo disse...

Mañá mesmo penso subscribirme ós fascículos de "Chino mandarín para galego falantes" que se entregará coa edición galega de El Mundo. Trátase dunha lingua fundamental para nos e coa vitoria do PP posiblemente se converta en asignatura obrigatoria en ESO substituíndo á Educación para a Cidadanía e por suposto ás horas lectivas de lingua e literatura galega, idioma que so serve como ferramenta política a catro separatistas. Que viva o Chino.

Anónimo disse...

Xa sei que son algo repunante e intolerante pero, Besbe, por Dylan, sácame esa foto e a Rajoy de aquí, non lles demos cancha aos fascistas, que xa teñen abonda.
Bicos mil

Anónimo disse...

nom vin o programa, pero nom fai falha, vejo a este individuo a diário na tele dicindo bobadas ou defendendo a quen as dí.o penoso é que haia gemte que confía nas súas ideias....

Anónimo disse...

Hola Besbe.Dacordo con highway61(buf que nome ¡¡¡),mellor sacar a foto de Rajoy e non darlle máis cancha. Un bico (valdeorosa-rosa)

Anónimo disse...

Tanta sabiduría non é boa, eu non vin a entrevista como medida de hixiene mental.

Elianinha disse...

mecagoentodo!!! borroume o comentario!!!
Pois xa non o escribo. Ala.
Bueno, veña... Dicía que me parece cojonuda a resposta á pregunta da destrución do litoral pola construción: a liberalización do chan. Eliminamos o delicto, que cada quen constrúa onde lle saia das mesmísimas, e xa non hai corrupción, tramas nin caralladas. Éche listo.

besbe disse...

torreira canta razón que tes, aquí aplicamos ese sabio dito de "mexan por nós e din que chove".

ghanito, manía non que é supergallego :P

Randeeiro cando acabes cos fascículos de Chino mandarín pásamos que estou totalmente a favor de aprender ese idioma, por suposto hei mudar antes o teclado para escribirlle unha carta de agradecemento nesa grandísima lingua a El Mundo e a quen tivo a marabillosa idea de erradicar dunha vez por todas este mal castrapo que apareceu antonte nas nosas vidas e non nos leva a sitio ningún.

de la highway prometo que é a primeira e última vez que falo e mento a eses superhomes que queren facer de nós persoas de proveito, pero é que non me puiden resistir porque o de Zapa non o vira e quedei alucinadiña con este home. Agardo que me saibas perdoar e bicos de volta para pregar comprensión.

txari, para min que o fan adrede e practican que se non non me explico como poden ser así.

valdeorosa se razón tedes, pero eu que sei, a ocasión merecíao porque tanta demagoxia xunta non se pode esquecer así polas boas.

doutora seymour totalmente de acordo, temos os mesmos procesos de hixiene mental, no meu caso non se dan moi a miúdo pero desta vez pareceume adecuado facelo.

elianinha ves? esquecíaseme eso, pero pareceume moi obvio eso de "untar aos alcaldes" como ben dixo o rapaz que lle fixo a pregunta. Claro que alcaldes hai moitos, non? Pois eso, liberalización e a la sopa boba.

Anónimo disse...

Rajoy é un bo rapaz. Tedeslle un pouco de manía e todo por culpa do frenillo. Ou como dicia Beiras (a ledicia da casa) no único chiste que lle escoitei na miña vida e foi por puta casualidade: Rajoy fala coma se estivera a comer un bisté.

An disse...

o problema non e Rajoi, o problema son otodos aqueles que lles fan caso...ilillos, bombardeos, guerra prebentiva...dende logo non sei como a Rae di que se estan deixando de usar moitas verbas do castelan :P para o chines agora xa ahi tamen chines en mil verbas :P a ver como vai o mundo dentro de cen anos, teño gañas de velo ;) un saudo

Son Unha Xoaniña disse...

Eu si que o vin, e tuven que dixerilo cunha ranitidina, prodúxome un ardor de estómago que ainda me sigue.
Pero a millor idea foi a da liberalización do suelo, morto o perro acabouse a raiba.
E xa reservei tamén os fascículos de "Chinés na casa"

Anónimo disse...

nom intoxique,esas bandeiras som a da o.n.g. salvemos o aguilucho,que estase recuperando,gracias a xente coma mariano, en el valle dde los caidos.

Anónimo disse...

A min o que máis me gusta son esas solemnes e sesudas explicacións que urden detallando a orixe mitolóxica dos simbolos para desvencellalas... cousas que é ridícula porque os que as portan, portanas non "a pesares" de ser simbolos franquistas, senón "precisamente por" seren símbolos franquistas.

Pero como din na miña terra: cando un parvo colle un linde, o linde para pero o parvo sigue

Anónimo disse...

Sí, la verdad es que se aprende mucho con él. Resulta que en Matemáticas se enseñan los Derechos humanos, y yo, pobre dime, que pensaba que lo que estudiaban eran las ecuaciones diferenciales.

moucho branco disse...

Dado que vexo aguiluchos que rotundamente NON existen, preciso urxentemente axuda priquiátrica... son coma o neno do sexto sentido!, :S

Anónimo disse...

a mi que me expliquen eso de que el portugués tan distinto del gallego te es.....

rajoy no dixit..... digo eu!

y sabe decir: Grazañas!

hala con Dior!

nom volvo a beber... sae-me esse ser franco que todo ferrolano leva dentro.... beijos pa todas!

o moderno enchoupado em licor de mendrolho!

paideleo disse...

Creo que non houbo novidade con Rajoy: segue coas súas ideas e cando hai unha pregunta que non lle convence resposta cambiando de tema ou pasando a bola a outros.
Cambiando de tema, eu falei do raio verde o día dos enamorados. Mola, non ?.

Manuel Ángel Candelas Colodrón disse...

http://blogdylan.podOmatic.com/entry/2007-04-20T16_48_25-07_00
Sen palabras.

besbe disse...

arume eu non lle teño manía anque iso de falar coa boca chea é de mala educación, sobre todo cando soltas trapalladas coma as que di el.

an, certamente a RAE quéixase de vicio, invéntanse cada día novas palabras e o do chinés en mil verbas a ver se vai ser como o do inglés en 15 días, un marabilloso fracaso. O conto é que admiro aos chineses polo que me semella un don de linguas incrible, porque non sei se fan cursos de castelán alá antes de vir aquí, pero da gusto como se desenvolven. Dentro de cen anos viva a mestizaxe!

rifo :) o da liberalización si que foi a grande idea, gustaríame ver a cantidade de plans urbanísticos que levarían a cabo os que aínda non tiveron ocasión de presentalos. Por certo, se El Mundo non saca os fascículos estase a perder un gran potencial de compradores.

ak, teremos que facer unha excursión a tan belo paraxe protexido, anque a min estame saíndo a vena anti-ecoloxista e a ver se se extinguen dunha vez. Iso si, iremos ao santuario a celebralo unha vez que iso ocorra. Como dicía Rajoy, xa estamos fartos da recuperación da memoria histórica: destruámola.

larvós, iso recórdame a eses bares de carretera e algún preto dalgún faro que fan exactamente o mesmo e da medo meterse alí polo orgullo que teñen da decoración dos locais "precisamente por" estar cheos de símbolos franquistas. Tes razón, os parvos siguen.

Dr infarto e en Relixión que se ensina? porque esa é outra, igual é aí onde aprendemos as ecuacións diferenciais :)

moucho, "a veces veo aguiluchos", grande frase para lembrar ahahahha

moderno :D posuído polo espíritu doutro gran ferrolán ou??? Non se pode beber!!!

paideleo si :) lembreime de ti e mira ti que cousas, raios verdes por todo canto sitio hai, que bonito non? Toca esta noite, tomareille algo a saúde de volos tres.

arume vou escoitar agora mesmo iso que me da que promete, despois direiche se sen palabras ou con elas, bicos!

torredebabel disse...

e se souberas que os mariano´s boys chegan aquí e din que son goberno en Galicia...

besbe disse...

alaaaa, eso é denunciable e deleznable, que vergoña de xente por dios.