4/19/2007

Moito vou mercar El País

Se houbo unha época escura na miña vida na que mercaba a Cosmopolitan pensando que así sería unha muller de proveito ou na que Elle era a sofisticación en persoa, a día de hoxe é raro que merque revistas a non ser a National Geographic ou estea pendente de Tempos Novos.

O conto é que El País vai sacar uns coleccionables de libros da editorial Taschen de varios pintores da historia, catalogados por eles como os mellores. O dito, este domingo, despois da solta de globos en María Pita, a mercar El País.

Anque non sei se me cundiría máis mercar as revistas que regalan pulseiras, bailarinas, chanclas, pareos, gafas de sol etc...que tamén me viña ben renovar vestuario. E cóntovos de paso a pregunta que marcou a miña vida nun dos test de Cosmopolitan, algo así como:

Se te dispós a saír toda a noite de farra coas amigas que é o que fas ese día:

a. Pasas toda a tarde a pensar no que levarás e en como te maquillarás.
b. Vaste urxentemente de compras porque te das conta de que non tes nada que poñer.
c. Decides botar unha siesta pola tarde para estar ben toda a noite.

Eu daquela escollín a opción c, a día de hoxe, vendo as outras dúas opcións escollería a mesma resposta. Sentinme mal daquela porque a que daba máis puntos era a primeira.

8 comentários:

Anónimo disse...

Todos temos un pasado escuro.

Pero un(ha)s mais que outros...

hahahaha

Anónimo disse...

Taschen edita moi ben os libros de arte, e a un precio mosqueantemente barato. Seguro que vas quedar encantada, Besbe.
Eu o/a cosmopolitan tívena media ducia de veces nas mans: miña madriña que mulleres que saen alí! Non saen así nas revistas "de homes". Non vos gustaría máis ver homes guapos, sen sinalar, ejem?

besbe disse...

ghanito xa podes ir sacando os teus trapos sucios que seguro que son máis porcos (nunca mellor dito) que os meus :P

de la highway, my dear, xa sabes que me encantaría (e non miro a ninguén)

Mario disse...

Eu coa Cosmopolitan téñome rido moitísimo, sempre que teño que facer unha viaxe longa merco unha e voume escarallando todo o camiño. O mellor son as seccións de consultorío, impagábeis!!!

Anónimo disse...

Non nego o meu pasado escuro. Só o agocho ;-)

Anónimo disse...

Sempre me sorprenderon os test de muller "guai" que publican todas estas revistas (eu ainda que non me maquille tamén escollería a opción c) o problema é que moitas delas afectan demasiado ás mentes de nen@s que medran lendo este tipo de publicacións...que se agocha baixo a cabeza plástica dunha "barbie"?
nenooruga

Elianinha disse...

Moito marcan os tests da Cosmopolitan, manda carallo.

besbe disse...

mario eu antes cando ía para casa en bus sempre mercaba no quiosco algunha revistiña desas, o conto é que ao chegar á casa xa a tiña toda máis vista ca pouco e xa non sabía que facer con ela, a ver para cando outra vaixe en bus e outra lectura desas impagables :)

ghanito váiteo sacando xa!

neno oruga a min marcáronme coas tendencias de moda, roupa carísima, accesorios imposibles, trucos de maquillaxe para os que precisas un neceser infinito, bikinis para corpos inexistentes...desistín antes de poñerme ao choio. Tampouco vivimos exclusivamente para coidar o noso aspecto exterior e ser a reina dos saraos e a que máis liga de todas...esto recórdame a Sexo en Nova Iorque un montón...

Elianinha é unha dura proba que temos que pasar para purgarnos :D