
Díxenlle que lle sacase unha foto a esta outra que quedaba na beirarrúa de enfrente

e faleille que eu o verán pasado lle sacara unha foto a esta outra:

Resulta que Wicho tivo a mesma idea e anda "afotándoas" todas e podedes velas no seu flickr, que foi de onde as saquei.

Hai outras polo mundo adiante que tamén son igual de bonitas, esta, de Bandid of Oz, vai adicada e non é moi complicado saber a quen a falta de 20 e poucos días do cabodano da súa defunción.

Gústanme estas cousas porque aledan bastante unha cidade, non serán Bansky cos seus estarcidos, pero agradécense igual.
8 comentários:
...el ARTE era ésto.
Bico, Besbe.
Hai unha ao lado da Escola Pablo Picasso (sabes, non?) que está moi guai. Recoméndocha
Moi bonitas todas. Uns artistas sen galerías nin falta que lles fai.
Moi fermosas. Arte na rúa.
Pois si que molan..en contraste con eses graffitis mediocres que afean tantos edificios
En Compostela hai algúns moi chulos, sobre todo uns duns gatiños que soñan. Este tipo de Arte ten un nome, non?
Gústame a idea!, a partir de hoxe tentarei ir máis atenta pola rúa, a ver se vexo algo parecido. Terei que baixar da nube...
Eses son grafittis con arte e non os borranchóns que se miran ás veces.
Enviar um comentário