2/20/2006

Chámame hortera


From Bollywood fai 5 anos.
Dicir que é a única película que merquei na vida (non se inclúen esas que veñen a 5 euros cos xornais e demais trapalladas,esta foi adrede con toda a intención do mundo)
É coma os contos de cando eras pequena.

5 comentários:

Fer disse...

É mui bom! (e mui hortera sim...)
Som mais de três horas de filme mais o passas de medo! E o partido de cricket é do melhor em filmes esportivos!
(E as cançons! A da chuvia e que melhor lembro...!)

acedre disse...

Non hai gusto "hortera" que valla. Un ten que ter os seus gustos e non ser un robot.
O Bollywood faime lembrar polo nome ao Dollywood que non e outra cousa que unha vila chea de museus, tendas, teatros con musicais, etc situada na fronteira de Tennessee con Carolina e creada por Dolly "Superpeitos" Parton.
Un saudo.

hojasdehierba disse...

A min pareceume moi divertida, cos desbarres musicais tipo "Moulin Rouge"...
Por certo, que hai una novela que se titula Bollywood que é ben divertida.
Saúdos.

besbe disse...

O de Dollywood vai haber que miralo como é debido...anque non sei ben cal será o punto de vista axeitado: tipo Disneyworld, tipo centro comercial esaxerado...

E bueno, fer, son tres horas de maxia, igual que en "Moulin Rouge"...é que no fondo os musicais están moi ben.

Lembro un que teño que volver a ver: "Trabajos de amor perdidos" a ver se me gusta agora tanto como me gustou no seu momento...sobre todo polo baile, a canción e o momento "Cheek to cheek"

Bicos bicos nas cheeks.

Nemeth disse...

moi boa película. En xeral adoro a estética das pelis hindús, canto máis horteras mellor...