Andamos nunha época de bo comer e eses bos costumes non se deben perder. Descubríronme fai pouco un sitio que me gustou moito para iso, boa comida e bo prezo tamén, ao meu ver. Chámase O Trisquel (Pascual Veiga, 14 creo...preto das Conchiñas na Coruña).
As veces non te paras a pensar no nome das rúas (véxase Calle/Rúa División Azul) e pódeste levar sorpresas. Desta vez foi moi grata.
Eu xa aviso cando saiba tocar o noso himno.
4 comentários:
O sitio ese quedame lonxe de momento pero xa andarei un dia cerca, suponho.
Os nomes das ruas tenhen o seu significado e muitas veces tenhen unha bonita historia detras. Gracias a ti aprendin hoxe algo mais de Pascual Veiga.
Un saudo e cuidado coa CIA agora que tes o meu blogo dentro das tuas ligazons, ha, ha.
E que me dis do nome do Hospital da Coruña? Debe seguir chamándose Juan Canalejo, na honra do famoso falanxista, ou hai que cambialo, como din algúns, a Nóvoa Santos, en lembranza do prestixioso médico que se opuña ao voto das mulleres? Sexa como for, haberá que visitar o local que recomendas. Un saúdo.
Ración de navallas e o postre este de queixo que non me lembro como se chama...moi recomendables.
O das rúas xa non sei, terá que haber de todo.
A que si o´xirarei, ¿a que non parece Coruña? A ver se atopo máis sitios así nos que dea gusto estar e alédome que che gustase :)
Enviar um comentário