5/01/2007

Cuestionario Proust

Da man de larvós chega o Cuestionario Proust e imos aventurarnos a facelo anque supoña contar algo máis dun mesmo, cousa que anque normalmente facemos, non deixa de dar un pouco de vergoña cando é así tan explícito.

O Cuestionario Proust polo que estiven mirando, leva ese nome porque o das madalenas foi o que o publicou por vez primeira no 1892 e está feito coa idea de coñecer mellor a unha persoa. Seica no século XIX nos salóns de París era un entretemento de cabaleiros e mesmo había xente que llo pasaba ás visitas e tíñanos todos recollidos nun libro.



O conto é que o Marcel respostou a estas preguntas no aniversario da súa amiga Antoniette Felix-Faure cando tiña 13 anos que a rapaza gardou no "libro de aniversario" (supoño que sería algo así como o album da primeira comunión) e despois fixo outro aos 20. Hoxe tócanos respostar, eivai!

1. O principal rasgo do meu carácter?
Supoño que a empatía, anque ás veces penso que é o contrario, a falta de personalidade e de asertividade. Tanto ten, eu penso que é boa cualidade porque así non me radicalizo en canto a pensamentos e actitudes e escoitar o que ten que dicir a xente é algo moi enriquecedor e xa non é todo branco ou negro, se non que rematas tendo unha paleta enorme de cores coa que ver as cousas.

2. A calidade que prefiro nun home?
A capacidade de facerme rir, que sexa unha persoa comunicativa, as mostras de afecto e por suposto, a ausencia de soberbia.

3. A calidade que desexo nunha muller?
Sinceridade.

4. O que máis aprecio nos meus amigos?
Que sempre estean aí cando o preciso, que saiban que poden contar comigo e que nunca nos damos problemas nin nos botamos cousas en cara, doutro xeito non serían amigas/os. Vamos, que nos queremos.

5. O meu principal defecto?
Pouca autoestima? E ser moi desconfiada.

6. A miña ocupación preferida?
Non facer nada.

7. O meu soño de dicha?
Non aspiro a nada nesta vida, ou mellor dito, xa son dichosa.

8. Cal sería a miña maior desgraza?
Morrer ou que morresen/desaparecesen persoas queridas da miña vida.

9. Que quixera ser?
De pequena quería ser escritora ou xornalista agora, o que son (anque algunhas veces penso que me enganei en escoller profesión). Despois penso que calquera traballo ou ocupación sería interesante pero como nunca tiven vocación de nada, pois tanto me daría. O que si me gustaría sería poder ser unha exploradora, unha alpinista, formar parte dunha expedición na Antártida...algo así.

10. Onde desexaría vivir?
En calquera sitio onde tivese amigos e me poidese localizar a familia, de clima aceptable e se pode ter mar mellor, que anque son de interior tamén se bota de menos. A miña idea é ter unha casa no campo nun futuro, coa súa camposa, cos froitais, coa parra e coa parrilla para o churrasco. Estaría ben.

11. A cor que prefiro?
Gústame o azul. E os verdes e os laranxas rechamantes tamén.

12. A flor que prefiro?
Gústanme tres xuntas que fan contraste no medio do verde: as queiroas violetas, as chorimas amarelas dos toxos(ou no sitio as flores das xestas)e as herbas das doas azuis.

13. O paxaro que prefiro?
Os pardais.

14. Os meus autores preferidos en prosa?
Borges, García Márquez, Saramago, Houellebecq, Terry Pratcher, Neil Gaiman, Manuel Rivas, Blanco Amor, Roald Dahl, Bukowski...

15. Os meus poetas preferidos?
Pessoa, Maria Lado, Lorca, Neruda, anque se digo a verdade non leo moita poesía non sei por que.

16. Os meus heroes de ficción?
Obi-Wan Kenobi

17. As miñas heroínas de ficción?
Chihiro, Alicia e Dorothy.

18. Os meus compositores preferidos?
Mozart, Miles Davis e Coltrane (e gracias a quen mos descubriu) e a partir de hoxe o Doctor Keli.


19. Os meus pintores predilectos?
Rubens, Rembrandt, Caravaggio, El Greco, Tiziano, El Bosco, Dalí, Renoir, Manet,Pisarro e case todos os impresionistas. Envexo moito a quen sabe debuxar e pintar ben.

20. Os meus heroes da vida real?
Meus pais.

21. As miñas heroínas históricas?
Juana de Arco, a pesar de toda a relixiosidade que a rodea.

22. Os meus nomes favoritos?
Uxía, Xiana, André, Asier, Alexandre e Inés.

23. Que detesto máis que nada?
A mentira, a soberbia, a hipocresía, a traición, a intransixencia, a inxustiza e o resquemor.

24. Que caracteres históricos desprezo máis?
Todos aqueles que leven implícitos todo o anterior e que arrastraron masas nunha única dirección de pensamento.

25. Que feito militar admiro máis?
A Revolução dos Cravos.

26. Que reforma admiro máis?
A Española.

27. Que dons naturais quixeras ter?
Sangre nas venas que ás veces non me viña mal e algo máis de asertividade e confianza.

28. Como me gustaría morrer?
Tranquila, sabéndoo de antemán e sen dor.

29. Estado presente do meu espírito?
Coma un río calmo de gran caudal a piques de desbordar coma un bañeiro cando esta cheo e sigue a billa botando auga, ando revolucionándome amodiño.

30. Feitos que me inspiran máis indulxencia?
Os que se fan sen maldade e sen querer.

31. O meu lema?
Non facer aos demais o que non me gustaría que me fixesen a min e o Carpe Diem sen dubidalo un momento.

Que o faga quen lle apeteza, se por min fose:

W. Sobchak
arume dos piñeiros
Gustavo Harvey

13 comentários:

Anónimo disse...

A verdade é que isto de propoñer cuestionarios é un pouco (agora que o penso) indiscreto. Síntome como se andivese por aí erguéndolle a saia a xente (metaforicamente falando) sen aviso previo. De tódolos xeitos a verdade é que resulta gratificante entrever personalidades distintas a través de preguntas comúns. E tamén comprobar como cousas que crías moi características ao final compartelas con moita xente (o pracer de estar sen facer nada, por exemplo, que está sendo todo un clásico no cuestionario).
Saúdos e a seguir así de ecléctica, que é o mellor antídoto contra a intolerancia.

Zerovacas disse...

Ooooole! Outro meme. Que conste que a min o cuestionario Proust nunca me gustou demasiado, sempre lle tiven manía. De feito, lembro agora algún libro sobre modalidades de entrevistas no que se facía un repaso a este tipo de tests e había varios que tiñan preguntas máis interesantes. Pero non me preguntes como se chamaban.

Off-topic: ¿Que tal o Camiño?

Prosciutto Mourente disse...

Vaia, Joana de Arco... pois nom che uma das minhas heroínas preferidas (e nom o digo só polo da sua religiosidade) :)

Anónimo disse...

Formulario cumprimentado
:-p

Anónimo disse...

Como que non ten vocación ningunha? ai... as respostas a estes cuestionarios saca cousas a luz que... vostede ten vocación de aventureira, está clarísimo (iso si sempre en zonas onde o mobil teña cobertura).

Mario disse...

Mira ti o que se coñece ás persoas polos memes estes, seguro que de Proust non chegaron a saber tanto.

besbe disse...

Ola larvós, o de non facer nada vai ser a mellor ocupación de tódolos tempos. Non coñecía o cuestionario Proust co cal sempre se aprenden cousas, e si, ecletismo contra a intolerancia e as soberbias.

Zerovacas, pois xa me dirás cal é ese libro de meme-preguntas. Sobre o off topic do Camiño, pois xenial, estou agardando a que me pasen as fotos porque eu para variar non tirei ningunha :)

Mourente, a dicir verdade non se me ocorría ningunha outra heroína, pero sempre me chamou a atención a Xoana, anque eso de irse meter nunha guerra non é algo moi defendible pero bueno.

Sobchak :*, es un crack.

Doutora Seymour, nin vocación, nin devoción por ninguén, nin metas na vida...un trapiño. Sobre o das aventuras en zonas con cobertura de móbil, aínda vai ser que vai acertar, eu chamar non ía chamar, pero convén que me poidan localizar.

Mario, si que se descubren detalles da xente, pero prefiro descubrilos en conversas ou situacións máis persoais.

Bicos!

Manuel Ángel Candelas Colodrón disse...

Cumprín coa honrosa (por vir de quen ven) tarefa de cuestionarme proustmente. Agora che toca a ti poñer as fotos das botas no after hours ese do obradoiro.

Prosciutto Mourente disse...

Obrigado por tanto cumprimento! Abraços via A9 ;)

besbe disse...

arume as fotos aínda non as teño eu e devezo de ganas por velas, pero irei facendo unha avanzadilla doutro xeito. E honrada síntome eu, aos seus pés :)

Mourente xeitoso!!! Abrazos che darei eu a ti :) e os cumprimentos son máis que merecidos.

Ra disse...

Ese estado espiritual promete, Besbe...envidiable.
Besote

torredebabel disse...

que ledicia botarlle unha ollada aos segredos e teimas dos veciños e amigos do blogomillo! Gustame moito este xogo indiscreto pero fascinante! Nas túas respostas, atopeime moitas veces. Se cadra porque compartimos profesion. Se cadra, porque compartimos ainda mais que iso...

besbe disse...

torre de babel, igual enganei algo nas respostas que me da que non compartimos profesión, anque ás veces que máis quixera. De que compartimos algo máis estou segura :)

ra que me desbordo,que me desbordo, bicazos!