Díxome un coñecido que milita dentro do PSOE que era curioso que eu votase a un partido de esquerdas nas eleccións en España e para un partido de dereitas nas eleccións en Galicia. Écheme o mesmo, estaba tentando dilucidar esa interrogante na miña cabeza e mirando por un lado e polo outro deime conta de que non entendía nada de política. Non entendo tanto termo que se socialistas (e as súas variantes), nacionalistas etc etc... segundo el tódolos partidos nacionalistas son de dereitas...
Ufff, sen saber nada ata teño cargo de conciencia e todo. O que saiba algo que me ilustre (¡chas! despotismo ilustrado, hai tantas maneiras de gobernar...)
Non sei se me entendestes algo.
6 comentários:
Quem di que o nacionalismo nom pode ser de esquerdas (ou que nom é esencialmente de esquerdas) secadra teria que reler um pouco a Lenine...
A politica eche ben complicada. Canto mais grande o partido, mais difuso e a color do partido.
Eu tampouco entendo de politica e cada dia tenhoo menos claro.
Un saudo.
O teu colega creo que sabe menos ca ti de política, porque eu nunca apoiaría un partido nacionalista de dereitas, igual que fixo Castelao.
Pfff, deberes para facer:
-Repasar moito a historia galega e a súa política nacionalista.
-Reler ao señor Castelao.
-Indagar nos estatutos dalgúns partidos (¿chámanse estatutos?).
-Mirar a evolución da política rusa.
-Ler algo do Lenine (¿ler algo do Marx?)
¿lograrei algún día saber as claves do que se chama "esquerda" e do que se chama "dereita"?
Eu, que traballei entre políticos (de xeito que eran os meus xefes no meu traballo anterior) as diferencias entre uns e outros non son tan grandes como pensan eles, parécense máis do que cren. Na teoría parece que todos teñen as súas ideas ben claras, pero na práctica é onde digo eu que se parecen tanto.
Pois iso digo eu, ¿saberán eles onde se meten? ¿Será tan sinxelo seguir as directrices do partido? ¿Seguiranas todos?
Non a todo ¿non?
Enviar um comentário