
E pensar que cando ía ao muíño coa miña avoa tiña moi claro que árbore era cal. Ultimamente cada vez que vía un ameneiro, un salgueiro ou un bidueiro, pensaba que sería un ameneiro, un salgueiro ou un bidueiro, pero facíame un lío patatero porque a cabeciña non quería lembrar cal era cal.
Encántanme as árbores. Teño un especial recordo do carballo que tiñamos diante da casa, toda unha institución. Chorei cando caeu e aínda é hoxe o día que penso na miña casa e na fotografía mental que me fago está el aí.
E seguindo co tema, a fotiño en cuestión é da miña man e de dous madroños despistados que se deixaron caer por alí. Seica os osos se comían moitas follas dos arbusto este, andaban medio mal (a min dixéronme penecos), porque o madroño ten taninos. Deixaremos o tema para entendidos en viños e botánica.
7 comentários:
Meu irman colleu unha boa peneca co raio dos amorotes eses.
Gracias por mencionar os meus curmans os salgueiros. Eu son un deles, he, he.
Unha cousiña: "madroño" é alvedro en galego.
Polo demais eu tamén gostaba dun carballo que había canda a miña casa e que talaron os de Fenosa porque cos temporais facían que tirara co tendido eléctrico unha e outra vez.
Alvedro...todo xira arredor de Paco estes días ¿non é?
O noso carballo caeu un día de inverno, fíxose un remuíño de vento e como debía estar algo enfermo nas raíces (véxase podre...o que pasa é que parece que mancillo o recordo)caeu.
E tiveron sorte os veciños que tiñamos ao lado que non lles caese enriba, que fixeron a casa aproveitando o último milímetro de terreo que tiñan e foilles cadrar o tellado debaixo das ramas do carballo en cuestión. Claro que cando protestaron porque lle caían as follas no outono nas tellas, a culpa era nosa por ter alí posto un carballo...anda ho.
Outro nome e erbedo (con til no primeiro e...e o malo deste teclado americano).
En Acedre habia unha nogueira mui vella (ala chamanlle carroleira e as noces son carrolas) e un dia secouna un raio que lle caiu encima. Pasaron os anos e un veran que fun ala xa non estaba a carroleira. Deume magoa, era unha amiga da infancia.
Érbedo...creo que oíra ese nome antes, pero esquéceseme todo.
Eu a primeira vez que vin nogueiras foi nos arredores dos Picos de Europa, quedei coas mans todas manchadas.
¿E Acedre é bonito?
Pola miña terra decímoslle meroteiro e merotes, e polo Courel tamén lle chaman ameixoes. Bastante onde escoller antes de empregar o castelán "madroño"! ;-)
¡Caghiná! O meu é ignorancia e moita falla de memoria. Teredes que perdoarme e correxirme infinidade de veces, pero encántame ter mestres/as así.
Influencias de "el oso y el madroño" y "vaya, vaya, aquí no hay playa".
Un bicazo para todos.
Enviar um comentário