3/06/2006

Fuxindo das situacións tóxicas


E iamos por luuuuuuuuume e atopamos neve. As cousas nunca saen como unha pensa e sorprendentemente, comeza a gustarme ese feito.

Estaba eu tola por ir a ver Lamatumbá e convenzo á xente para tirar cara Arzúa no día menos propicio para ir a sitio ningún. Que gusto a auga a caer do ceo, e mi madriña querida... creo que vai ser boa idea mercar unhas cadeas para o coche. Curtis en plena nevarada, ¿para onde imos? ¡e eu que sei se os carteis están branquiños da neve! A cuestión é que chegamos alí e vaia por dios, que resulta que cancelaron o concerto. ¿Pero dende cando se cancelan os concertos neste país? Éche o mesmo, imos cear como é debido e imos buscar onde pasar a noite que de aquí hoxe non nos movemos.

E aí nos vamos de ricachóns a pasar a noite nunha casiña de turismo rural. Que ben, que ben, que ata hai calefacción e mira ti que a auga sae máis quente aquí que na miña casa. Como non, nunha terra de vacas, ule a vaca, o exterior que non o interior da casa.

E ao día seguinte imos a feira do queixo, a escoitar os pasarrúas e a meterse no ambiente da vila. Comemos pulpiño, comemos churrasco, bebemos barrantes, bebemos café e como non, gotas e licorciño do negro...¡café! Machiño nin que fose un cubata. E vamos chamar a tal, e vamos chamar a cual e siiiiii, van vir tamén...¿e teu irmán? Sms que te criou.

E xa que estamos e quedou boa tarde, fría coma o demo, pero boa á fin, quedaremos a escoitar a Xochimilca. E entre chimpo e chimpo descubrimos que ao noso lado está a Susana Seivane mailo mozo...crónica rosa galega, mellor non, non nos rebaixemos ata eses extremos ¿non? (si que nos rebaixamos un pouquiño, pero todo queda en bueh, sabe dios e que máis ten)

E eso, que nos vemos rapaces, que nós liscamos para casa que mañá toca traballo e a Milladoiro xa os veremos noutra, pasádeo ben e quedamos neso ¿vale? Xa nos chamamos. E de volta para casa sorpréndome de bo humor, contenta da fin de semana e con ganas de sofá.

E dime mamá, ¿que meu irmán tamén estivo en Arzúa?...este rapaz non se entera de nada, nin mirou o teléfono...se é que o levou, claro. Pois veña que xa te chamo eu nesta semana, chauuuu.

Que ben se está cando se está ben ¿a que si? Bicazos.

7 comentários:

besbe disse...

Esquecíame, para facer a dixestión fomos dar unha volta ao encoro de Portodemouros, resultado: imos tomar o sol riba dun pantalán.

Gustoume.

acedre disse...

Dende logo eses plans imprevistos son os que saen redondos. E a Seivane non esta casada ?.
Un saudo dende esta terra que non e nin a metade de alegre.

Anónimo disse...

Eu tamém vim á Seivane co mozo, pero no concerto dos Milhadóiro.
E terei que voltar ao encoro esse... passei por riba, pero de noite e porque estaba no caminho, que nim o conhecía. Se está bem, achegaremonos.

Saúde.

PS: O chivato de todo élhe o acedre, que me contou que vôçé tamém vira á Seivane em Arzúa.

hojasdehierba disse...

¡Qué tempos! Recordo algunha escapada á Feira do Queixo dende Santiago... :)))
Saúdos.
P.D.: Eu tamén creo que Seivane casara hai un tempo. Vestidos os dous co traxe tradicional, creo.

acedre disse...

emf, dise o pecado pero non o pecador. Agora que vai pensar besbellinha de min ?...

besbe disse...

Acedre,vou pensar que hai unha rede de comunicación secreta americogalaica onde se pasa información a cambio de rixóns.

Emf, o encoro resulta que tamén ten alí unha escola náutica ou non sei que, pero estaban as instalacións pechadas, había tamén un almacén onde gardaban as piraguas e demais aparellos. Hai que voltar e informarse do tema. Avisa cando vaias a ver se nos atopamos na metade da carretera do encoro.

E agora prensa rosa do díxome-díxome: creo que si que casou como dis hojas de hierba, pero dame que agora o que hai é mozo...non se sabe ben que pasou.

acedre disse...

Ogalla ganhara eu uns roxons !!!. Aqui (non o perdas) vendenos en bolsa. Son 'pork skin', claro, e saben artificial, claro.
E agora vou xantar que me anda o becho no bandullo.
Ah, se sabes mais da gaiteira ti conta, conta, que o saber non ocupa lugar.