Decidido. Mañá 15 de marzo vai ser o día D (Deixar De ffffffffffff). Xa non cheiro nada, ou se o fago vai con retraso respecto ao ulido en cuestión. Dixen fai tempo que cando o tabaco me impedise ir ao monte, remataba con el. Agora xa noto que me afogo por veces e o outro día oín sibilancias nas alegrías.
Detesto o ulido, detesto o sabor, e o que é máis, detesto pensar que cando morra no caso de poder doar órganos, miren para os pulmóns cheos de pena. Anque namais sexa pola idea de pensar que poida salvar algunha vida merece a pena deixar esta droga. Vaia se a merece. Xa irei contando e a ver se logramos rehabilitarnos.
Respecto ao de fffffffff, que vos parecería que asociado a outra acepción de ffffffff tivese acontecido esta conversa?:
"-Ti fumas moito?
-Tanto se nota?"
Que os azos volvan a min.
5 comentários:
noraboa: sorte e vontade
que a forza che acompañe... non será doado pero hache pagar a pena. Nótaseche con ganas que é o máis importante...
apertas
Deixar de fumar e o mais facil do mundo...eu xa o deixei unha ducia de veces. Fora conhas: e millor deixalo por saude, por cartos e por liberdade. Diche isto un exfumador.
Un saudo sen nicotina.
A cousa ha de ir ben, hoxe voltei a almorzar como é debido. Ata que recupere o case medio litro de leite con cereais que tomaba antes ha de pasar tempo...tamén comeza a agromar a eterna paranoia: e engordarei moito?
Dáme ighual, dáme ighual.
Jan xa o deixou hai tempo, e está contentísima dende aquela, i eu máis aínda.
Moita sorte, Besbellinha; tod@s estamos contigo.
Enviar um comentário