
Eu non sei de música, non sei de estilos, non sei de nada, pero hoxe na radio fórmula escoitei unha canción duns que polo de agora me gustan: Franz Ferdinand, "Well that was easy" que me recordou a algunha outra canción, pero vamos, nin caso, que eu teño moi mal oído e peor voz.
Despois, tendo en conta as miñas dotes musicais, lembráronme a un garito de O Grobe que poñen así música que non escoitara en ningún outro lada ata daquela. Non me lembro do nome do sitio, pero gustárame moito, moitísimo, bastante mod o sitio (a ver se non vou meter a zoca, que nos movementos xuvenís tampouco estou moi posta).
Dos Franz Ferdinand, unha cousa que me fixo rir, sacada da súa biografía: "A couple of years ago Bob, Alex, Nick and Paul got a group together. They said that they wanted to make girls dance or something." A min estanme gustando, será porque me manteñen a cabeza nas nubes.
*Despois de buscar un pouco conclúo que o sitio en cuestión é Vado Permanente e resulta que é indie. Boh, xúntase de todo ho, coma en Radio 3.
7 comentários:
efectivamente é indi ou indie. estes mozos foron a réplica europea aos strokes de nova york. si q son bos :-)
Moi bo o Vado Permanente. A verdade é que n´O Grove hai moi boa música nos garitos.
O meu favorito dalí é o Vinilo, moi recomendable.
do grove moi recomendábeis un grupo indi-pop chamado nadadora
Aiiii! Aqueles tempos en que eu era nova e ía ao Grove... Xa nin recordo como se chamaba o sitio (non era Vado Permanente). Creo que despois se chamou... ¿jazz? uff, non sei.
A canción que me anda a remoer na cabeza agora mesmo e Mardi bum dos Artic Monkeys...
Apertas
Ui, besbe, aqui topaches con xente que sabe de musica.
Bueno, eu tampouco tenho nin idea de musica nin de tocar, nin de oir.
Pois nada, gracinhas polo comentario acerca desa gran sorpresa que tinha eu tan gardada. Sabes, esperabamos ao dia do pai para anuncialo e asi foi.
Un saudo e comentarei as evolucions e demais cousas que nos pasen.
coa música pasa coma coa arte, que os que non temos ningun talento musical e/ou artístico só nos podemos conformar con que nos guste ou non algo... que xa é abondo :)
menos mal que non me adico a nada desto (non é mal choio, certo, besbellinha)...
apertas
Si acedre...e eu que pretendo tocar algún día algo, creo que vou quedar co xilófono de cando eramos pequenos.
Dende logo tomo nota de todo o que dicides, o que pasa é que polo de agora é coma quen se mete nun palleiro: tódalas pallas son iguais.
Enviar um comentário