1/30/2006
Mil gracias ao señor Pawley
Esa noite de sábado de inverno tamén collín outra peliculiña máis, moi recomendable ao meu ver: Carandiru. Hai cousas que merecen ser vistas perdidas por aí.
1/28/2006
Non sei nada de política
Ufff, sen saber nada ata teño cargo de conciencia e todo. O que saiba algo que me ilustre (¡chas! despotismo ilustrado, hai tantas maneiras de gobernar...)
Non sei se me entendestes algo.
Sway
Dance with me, make me sway
Like a lazy ocean hugs the shore
Hold me close, sway me more
Like a flower bending in the breeze
Bend with me, sway with ease
When we dance you have a way with me
Stay with me, sway with me
Other dancers may be on the floor
Dear, but my eyes will see only you
Only you have that magic technique
When we sway I go weak
I can hear the sounds of violins
Long before it begins
Make me thrill as only you know how
Sway me smooth, sway me now
Other dancers may be on the floor
Dear, but my eyes will see only you
Only you have that magic technique
When we sway I go weak
I can hear the sounds of violins
Long before it begins
Make me thrill as only you know how
Sway me smooth, sway me now
You know how
Sway me smooth, sway me now
Cantada por Dean Martin,Rosemary Clooney(tía do Clooney famoso), Michael Buble, The Pussycat Dolls e escoitada por primeira vez en Dark City.
A min sóbranme palabras, non sei a vós.
Kirsten Dunst

É que vin que hoxe botaban unha película na que sae ela ("Pequeños guerreros").
Gústanme varias películas nas que interviu: "Entrevista con el Vampiro", "Las Vírgenes Suicidas" (creo que sería ben darlle a palabra ao Sr Nohara), "A por todas" e a máis recente (xa non tanto ao paso que van as cousas) "¡Olvídate de mí!".
"A por todas" foi unha película que vin un día as tantas da noite en non sei que cadea de televisión. O que comezou sendo un pouco de cachondeo para min, rematou enganchándome tontamente e facéndome rir un anaco grande. Recordo esa madrugada coma unha das máis alegres ante a caixiña esa. Recomendable...¿por que non? Pero non esperedes nada doutro mundo.
"¡Olvídate de mi!" tamén foi outra película que me gustou, cando menos a intención. Ás veces eu desexaría que as emocións se mantivesen igual que estaban nun determinado momento, sería todo ideal, pero iso cortaríanos a capacidade de aprender e de ter obxectividade ("relativa" porque a visión das cousas depende sempre dos criterios que primen en cada momento, e eses criterios van cambiando en cada un de nós, vamos, que penso que sempre somos subxectivos).
Invádeme a melancolía.
Hai cousas que me disgustan
O que a min xa non me parece tan ben é que a esas idades xa haxa rapaces aos que todos coñecen como "camellos". Está claro que os tempos cambian, e que cada un viviu o que lle tocou, e que ao mellor xa nos merecemos o calificativo de "carcas" ou "puretas". Pero nada diso xustifica que a unhas idades no que o único que tes que facer é preocuparte de que teus pais che deixen quedar ata un pouco máis tarde na rúa, de se lle gustas a fulanito ou a menganita, das excursións de fin de curso, da roupa que che quere mercar a mamá, do acné que che sae e de a ver cantas asignaturas vas a aprobar, estean roubando cartos da propia casa para mercar hachís.
Este rapaz xa fumou tabaco, este rapaz xa mercou hachís, a este rapaz ofrecéronlle xa éxtasis ao módico precio de 25 euros a pilula. E o peor de todo é que non é el só, que son máis, e para min que todos xuntos acaban formando unha maldita secta na que o pensamento individual non se manifesta.
Este rapaz xa anda cunha mariposa no peto, sabe quen lle podería conseguir un revólver, fanlle gracia os golpes que lles dan os seus amigos a rapaces que non son do grupo e ten un odio criminal aos rapaces que viñeron de Rumanía e Latinoamérica, so porque non coñece a ningún e pensa que todos son ladróns ou Latin Kings.
Na escola estanlle pasando uns vídeos sobre os efectos nocivos das drogas, ten toda a información que quere e aínda así quere probar.
A min todo iso dame noxo (e non tiro pedra ningunha porque ninguén está libre de pecado, eu polo menos non) e mírase de lado e deíxanse pasar as cousas porque "malo será". O peor é cando é malo, porque é moi malo.
Cando é así, non recoñeces a persoa que tes diante de ti, ben porque é agresiva, ben porque parece un neno de tres anos que non se vale por si mesmo. E cando te mira veslle nos ollos toda a soidade e a tristeza que gardou, todo o arrepentimento que non lle colle dentro porque se dá conta do mal que lle fixo aos que o queren. É neses momentos tan denigrantes cando te decatas de que xa sabe que os "colegas" non merecen unha fala, porque ninguén que te queira te deixa tirado na rúa cando peor estás, nin che siguen ofrecendo merda unha e outra vez sabendo que non che convén, nin se esquecen de ti cando estás no hospital, nin cando te internan no psiquiátrico, nin se toman a coña que un amigo se suicidara por culpa da intoxicación que tiña no corpo, nin se atreven a ir a túa casa e facer coma se nada pasase despois de todo.
E xa non sigo porque non poido. Estame doendo moito. Non quero que esto sexa o normal.
1/27/2006
Chuck Palahniuk
Como na crítica en cuestión fala de Jared Leto (máis coñecido polas mozas que se bota que por outra cousa, creo eu), pois dicir que cando emitían a serie"My so-called life" en Canal+ alá no ano 97 creo, unha menda lerenda andaba flipadiña co rapaz. Aparte das flipadas que eu me traía (despois tocoulle o turno a Keanu Reeves), a serie encantábame...moito.
Pero perdemos o fío rapidamente. Eu ía falar do Chuck Palahniuk. Non teño moito que dicir a verdade, que o libro aínda o acabo de comezar, e aquí voume ir de sobrada e media. O libro estame inquietando, e recordoume moito a algúns contos de Cortázar, e iso que se pode dicir que non lin case nada deste home, e que se o penso ben, é outro tipo de inquietude...non sei, esto xa é falar por falar, porque nin acabei o libro que comecei, nin lin nada enteiro do que o outro escribiu...Quedan tantas cousas por facer...
1/23/2006
A lúa de Valencia
Isto é o que lle escoitei a unha rapaza de 13 anos, ou así, hoxe na rúa: "¡CagonlaputaDeLosCojonesBenditos ya!. No me rasques los huevos que me pican ¿eh?." Que fluidiño lle saiu todo, para que despois digan que non hai facilidade de palabra.
Miña nai é máis fina, o máis gordo que lle sae é "cojones de estopa" e o máis habitual (que non son moitas veces) "me cagho na luna de Valencia".
Miña nai so colleu unha cogorcia na vida, cando tiña os anos da rapaza "de los huevos" colleu unha botella de viño doce que tiñan na casa e en vez de ir á herba, púxose a beber dela. Cando chegou meu avó, ela estaba tumbada no banco da lareira subindo cos pés polas paredes e cantando toda contenta e colorada.
(Adoro á miña nai, tiña que dicilo)
¡¡¡Mamá, cómprame uns patíns!!!

Veño contentísima.
É que onte foi a II Gala Nacional de Patinaxe Artístico organizada pola Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple, e quedei atontada. Que bonito, que bonito. Case cheo o Palacio dos Deportes de Riazor (e eso que comezaba ao mesmo tempo que o SuperDepor) e con Sir Francis, o señor Touriño e a sempre marabillosa Ánxela Bugallo.
Unha marabilla os italianos (Sara Venerucci e Matteo Guarise, campeóns do mundo junior 2004 e 2005, non me extraña...) e como non, os nosos galegos, Mario Paz e Antía Molanes (medalla de bronce de Europa xuvenil, os da foto 35 da ligazón) do clube Ánfora de Cangas. Dicir que o Matteo tivo un éxito tremendo entre as rapazas, así a modo de anécdota, firmando autógrafos el e sacándolle fotos elas (bueno eu tamén, que me mandou a miña amiga da ghomitada).
Pricioso.
1/21/2006
Nada agradable
Escenario móvil
Ben, pois falaba do tema dos incendios que arrasaron unha zona concreta de Extremadura no 2003, cousa tamén coñecida por aquí. E lembreime do que me dixera unha compañeira de Valencia de Alcántara (agora coñecida en toda a xeografía española, pq a Soraya dos triunfitos é de alí), que a sensación que tiñan daquela, a impotencia e a rabia que había, tiña que era moi comparable ao que sentiramos aquí cando pasou o que pasou.
Non é vergonza ningunha chorar...pero tampouco hai que dicir que chove.
Non sei por que me sorprendo.
Ben, pois hoxe dispóñome a ir de mercas, outro pantalón creo. E así por mirar, descubrín isto. E sorprendinme. Pero é lóxico.
Jake Gyllenhaad
Comecemos, teño ganas de ver Brokeback Mountain, a peli esta de Ang Lee. Fíome de que estará ben, non polo tema dos Globos de ouro nin polo tema dos posibles Oscars, nin polo tema que trata, nin porque se estea falando tanto dela. Simplemente porque vén da man de Ang Lee. Cando as cousas levan a marca dunha persoa que che gusta, tes querencia por ver esas cousas que fixo. E agora acabo de atopar outra razón coma a anterior para vela, está Jake Gyllenhaad nela.
Jake Gyllenhaad fixo antes Donnie Darko, película que me encantou, e que un compañeiro meu clasificou como "pero tía, ¿tú que es lo que pillas?menuda rallada, pfff a mi no me gustó nada, menudo desbarre del copón etc etc etc" pero tendo en conta que á miña benquerida estrella é considerada por el como "estrella de la muerte"(non lle gusta, arrepíalle) e outros motivos, díxenme a min mesma que ía ser unha película que me ía gustar. E non me enganei. Ah, sen vir a conto, a este compañeiro vaille o reiki ("vamos a abrir los chakras")
Mirando que é o que levaba feito o rapaz en cuestión estes anos, conclúo que o criterio este de fiarse de que algo está ben so porque alguén está no proxecto, neste caso non anda tan errado. Non é que vise tódalas súas películas, pero das que vin, so "The day after tomorrow" é prescindible, supoño.
Comentar de paso, que unha película que nin de broma iría a ver ao cine (a ver si te enteras, que son...5 euros, o más) na que sae a Jennifer Aniston, pois ao mellor non está tan mal, so mirar de que vai e xa me entran ganas de vela.
Non sei como realizan a escolla dos libros que teñen que ler os rapaces obrigatoriamente nos institutos (ou como se chamen agora) pero para min nunca foi tan placenteira unha obriga.
1/20/2006
Criterios
-Pues yo no sé si cambiarme a Vodafone, que tiene unas ofertas muy buenas.
-Ya, que los de Movistar con el rollo de los puntos...
-Si, que Amena tampoco está nada mal (aquí ía falar eu) pero es que todos los que tienen Amena son un poco raros (e xa non abrín a boca)
Miña filla, ti si que es rara.
Treboada
Cita do escuro home afouto de pedra co mar.
Con rítmicos movementos de escuma
(sensual plenitude fértil na paz)
acometen,
como macho e femia fera
o gozo incesante,
a éxtase da cópula.
É o amor que se fonde:
aí está a felicidade,
na inmensidade do ceo.
O ceo do mar duro e da pedra que se fai líquida.
As sereas,
top-models con recendo a arroaz,
obsérvanos cos seus ollos de peixes.
No medio da tormenta, son elas, son;
son as que fecundan con morte
a carne da xente do mar.
Óese un asubío siseante
coma se de serpes se tratase:
é o vento,
é a respiración e alento dos amantes.
É o vento que ataca ao inimigo
nunha afronta persoal.
Dor e loita de caramelo na auga salgada.
Mil grans de area despois, os froitos da paixón:
un corpo
e catro mapoulas nas agullas do tempo.
Azul de novo.
A bandeira de españa
Eu non vira aínda a bandeira, síntoma este de que non me movo moito pola cidade.
Eu non pensaba que a bandeira ficaría aí posta para sempre, inocencia onde a haxa.
E eu non creo que sexa o mellor sitio para poñer bandeira ningunha, queda fatal.
Visto esto, por favor, que a saquen de aí, iso tamén é feísmo urbano.
1/19/2006
Fotografía

É unha cousa simple esa de tirar fotos, pero hai que recoñecer que uns teñen máis xeito ca outros.
Hai un que me gusta especialmente, Helmut Newton, e o Araki tampouco me disgusta ( e os que o queiran ir a ver que opinen despois tamén)
A min, no fondo, é que me encantan as mulleres.
Non sei a vós.
1/18/2006
Loba
- A tapa do delco.
- O carburador.
- A correa do ventilador.
- A batería.
- Non hai gasolina.
Destas posibles causas que se me ocurren para o fallo do coche dunha compañeira, a correcta foi a primeira, a pesar de andar sospeitando da quinta. Todo quedou en nada.
Hoxe foi un día destes que te deixan contenta, non por nada especial, pero por todo un cúmulo de cousiñas. Descubrín á fin a quen pertencía ese móbil sen identificar que me felicitou as festas do nadal e a entrada do ano e levei unha grata sorpresa, pedíronme o número do meu móbil coa idea de perpetuar unha boa relación, escoitei a letra do Caneco que xa lle tiña ganas, rematei o primeiro libro do ano e nótome de mellor humor que fai uns...9 meses. Buff.
E que eu estiven de moi mala leche o ano pasado. De feito é a primeira vez que me contracturo toda por culpa dese malestar emocional, e non me gusta.
Pero ao que ía. Falando cun señor que coñezo, dime que o outro día foi a moza do seu fillo ata a casa e que estaban na cociña os dous tomando a merenda. O fillo presentoulle a moza.
-¿Así que ti es a miña futura nora?
-Pois si. Encantada.
-¿E a ti paréceche ben vir así aquí á casa? Eres algo loba ¿non?
En fin, que o señor a menos que os mozos casasen, parecíalle unha falta de educación que a rapaza fose á súa casa. Que se o día de mañá o fillo non estaba con ela, que ao seu parecer ningún outro rapaz estaría con unha rapaza tan pouco formal.
Por moito que lle dixeses ao señor, que a rapaza estaba alí porque o fillo a invitara, e que se lle parecía mal que o tiña que falar co fillo sen meter a rapaza en fregados, e que por esa regla de tres tampouco seu fillo atoparía moza porque tampouco era el formal traendo a rapaza ningunha a casa...non entraba en razón. Ao máis que chegamos foi ao seguinte:
-¿Entón ti ves ben que veña a casa sen estar casados?
-Si. De feito eu non teño idea de casar, e se alguén me invita á súa casa e me insultan desa maneira ten por seguro que non volvo.
-Pois para min é unha loba.
Un detalle, se unha rapaza é guapa e ten un corpo bonito...fai coma este homiño echámalle cachorra (prefiro mil veces que me chamen loba)
1/16/2006
Atasquitos en la ciudá
Son curiosas estas cousas cando ao final todo o mundo fala do mesmo e parece que se falas doutra cousa quere dicir que non estás moi posta ao día ou que eres un pouco rara.
Ben, pois hoxe ademais de atacos, descubrín que a gasolina é verde. E que eu pensaba que nas gasolineras cha daban en latas, pero dancha en bolsas de plástico. E que ao mellor coches que funcinaban coa super, o mellor escangállanse o botarlle a sen chumbo, pero isto só é unha suposición.
Sen máis, un saúdo, e aos cafres que non respetan os semafóros de la city, moito coidadiño, porque eu ás veces despístome e igual vou bater neles.
One Way Or Another
O que é o amor ¿nonsí?
Voume confesar un pouquiño namais.
Gústanme as parvadas desas das películas "chica conoce chico", é o máis bonito desa alteración hormonal e si, somos así de parvos cando nos namoramos.
Gústame que me digan cousas bonitas (inclúo aquí o de "calandraca do carallo", está claro que todo depende de quen cho diga, de como cho diga e do receptiva que esteas nese momento)
Gústame que os rapaces, sabendo que non vas estar pola labor, me fagan as beiras.
Tamén me gusta mirame no espello e gustarme moito a min mesa (e extrapolando, ao mundo enteiro)
¿Narcisista, quentabraguetas, insegura, sentimentaloide? E bueno, pode ser e todo hahaha
De tódolos xeitos "I´m gonna getcha getcha getcha". Gústame esa parvicie que temos neses momentos.
P.D. One way or another, I´m gonna lose ya... eses momentos non teñen porque ser malos.
1/14/2006
O mellor do mundo
http://www.beautifulagony.com/public/main.php
Hoxe gustaríame vervos a tod@s así (lembro o comezo de "Amelie" que esquezo moi a miúdo)
"El silencio, que bonito haiku"

"El silencio, que bonito haiku" Isto é o que dixo Víctor, o noso profesor de gaita (frauta actualmente, xa se sabe...comezamos polo principio e acabamos polo final), así tal cual, despois de que lle tocaramos unha peza.Fíxome rir a frase en cuestión. Ten cousas graciosas o profe: "...a ver se descubrimos a nota fru"Gústame, así ten un ganas de aprender e de que a ensinen.(Esta gaita en cuestión saqueina da paxina de Seivane...eu sigo soñando, que é gratis)
Un pouco de historia
Nesa pesquisa fago un experimento de blogonovela que habería que revisar titulada "Operación Troia". Tamén fago experimentos en forma de entrevistas.
Noel fala de Sono-Tone e eu falo con Los Santos, con Ugía Pedreira, con Loretta Martin, con Superputa, con Franc3s, con alDDao, con Niño y Pistola, con Moondog Blues Party e con máis xente para saber as súas 10.
Eliana e Juan comezan en Xeración e convídanme a participar, pasando despois a seguir en Galiciaé.
Suso anda con Búsola entre mans e fago algunhas reseñas de libros.
Escribo de vez en cando e acontece 28 e Tería que drogarme.
Proxecto Identidade tamén acontece grazas á colaboración de algo máis de medio cento de persoas e da Regueifa Netlabel. Non sei cantas descargas leva pero hai 19 exemplares físicos circulando polo mundo. Non está mal.
Polo de agora é todo.
Comezamos
Pois eu non.
Se por min fora ás veces non quedaría con ninguén. Pero é unha necesidade, creo que vital, o ter relación cos demais. A ver se me vou curando, porque seica iso é un problema de conducta.
¿Alguén máis así? Si, supoño que todos nalgún momento da vida somos así, algo ariscos, algo fartos do mundo, algo rosmóns e algo autistas. Imos cos golfiños logo, parece que por aquí por Galiza si os hai. Eu aínda non os vin, e no canto de pensar en ir a velos preto de onde vivo (praia de Balieiros en Corrubedo polo que me contaron...bonitos días eses en Corrubedo), vou e penso nas baleas de Escocia.
Son curiosas esas ganas de ir lonxe. De feito estes días ando pensando en Bos Aires. Tranquilos todos que seguro que en marzal aínda ando por aquí. E máis tranquilos aínda, seguro que para o ano non terei nada novo que contar.
A vida é unha rutina, pero non está mal de todo.
Ben, seguro que ao longo do día se me ocorre algo máis, polo de agora deixarémolo aquí. Teño que ir a cubrir as necesidades doutra necesidade (véxase coche).
Un grande bico conxugado cunha forte aperta.