1/30/2006

Mil gracias ao señor Pawley

Ben, para que os que pensen que están escribindo para as topias e lles pareza que esto non vale de nada: gracias a andar por aquí, collín o outro día dúas películas que posiblemente non collería nunca. Ás críticas me remito, véxase o señor Pawley. Como non me chegaba a recomendada, collín a primeira parte tamén. Gústaronme enormemente as dúas, e din tantas verdades...non sei, afástanse dabondo do típico tópico e para min reflicten bastante ben o que queremos todos en xeral: alguén con quen se poida falar.

Esa noite de sábado de inverno tamén collín outra peliculiña máis, moi recomendable ao meu ver: Carandiru. Hai cousas que merecen ser vistas perdidas por aí.

2 comentários:

Martin Pawley disse...

Alégrome de que fora xustamente unha recomendación miña a que che descubrira ese par de filmes xeniais. Atención á obra de Richard Linklater en xeral, masacrada en España pola incompetencia duns distribuidores que moitas veces non saben o que teñen nas mans.

besbe disse...

:) gústame o teu criterio e como coñeces máis cousas ca min vou ir recollendo o que sementes.