5/14/2007

Voces coma poemas

Ferrol e arredores aparte de ter gasificadoras e de saber e querer facer barcos, tamén é un fervedoiro de cultura e así o poidemos comprobar o sábado no Pote en Maniños onde nos achegamos a rainha vermella, Gustavo Harvey, sergio74 máis eu a escoitar as voces das que podemos ir tomando nota que nun futuro seguro que estarán nos libros de texto, como ben dixo Arsenio Iglesias que fixo de presentador do acto e agradecéndolle tamén a Darío Iglesias facer que o acto fose posible.

Recitaron Xiana Arias, Eduardo Estévez, Daniel Salgado, Leo, Lorena Souto, Arsenio Iglesias, María Lado e Mario Regueira.




Moitos recitaron contidos de Pirata, como Xía Arias co seu Cleo de dez a doce, definido como artefacto de apoio ao Cineclube de Compostela, que como ben din: Compartir non é delito.



Arrancou os aplausos dos asistentes Daniel Salgado cando leu "Non á SGAE" de 20.000 leguas de viaxe subnormal, desfrutamos dos haicus de Leo, da sensualidade de Lorena e por fin lle poñía cara a Arsenio Iglesias do que tivera novas por vez primeira a través de Alicia Fernández e a quen dá gusto escoitar. Despois María embelesou ao público coas súas palabras cargadas de emocións e de osiños de peluche, de novembros e que bonita porque te miramos e so te vemos sorrir. Mario puxo fin ao recital lendo versos de Tanxerina e xa andamos agardando todos a que volva á poesía despois da L´affiche rouge. Finalizou todo cunha gran actuación de Leo que non deixou indiferente a ninguén e que creo que ás señoras máis maiores que alí había lles fixo sacar as cores e as risas.

E se Tanxerina gañara o ano pasado o Premio Nacional de Poesía XoseMaría Pérez Parallé este ano gañouno Ortigas de Xía Arias e fomos á presentación que ía da man de Fernán-Vello e Leo. Mención hai que facer a Xosé Carlos Hidalgo que é o responsable da portada do libro e á súa vez do deseño gráfico do documental CCCV (Cineclube Compostela Carlos Varela).




Había máis casualidades e máis que celebrar porque se o Ático de Arsenio gañara a anterior edición do Avelina Balladares, este ano Nove de María Lado é o galardonado.

Despois de confirmar que a poesía si da de comer e con lamentables baixas que como ben dixeron "estaría ben espertar en Compostela" o resto da cuchipanda fomos de troula pola noite ferrolana que, unha vez máis, confirmamos que é para recomendar.

Agora estou ortigándome e vendo lauras por canto sitio hai.

Vémonos todos o 16 na Nasa.

9 comentários:

Anónimo disse...

:) entereime logo de que esa moza tan agradable que coñecin era esta que asina o beliscos... gracias por estar alí e tamén por esta crónica con tanto dato... que viva o cineclube! que viva fene! e que vivan os piratas!. bico grande.

Zerovacas disse...

Ides pola miña terra e non avisades. Vaia. De todos os xeitos eu andaba por Compostela. Vémonos o mércores nesa primeira fila

Anónimo disse...

somos um fervedoiro cultural?? I don't think so..

Eu também vou ao da NASA,nom podia perder o debut concerteiro do Mourente!

tens um correio-e meu

Anónimo disse...

Nom lembro quando foi a última vez que fum a um recital poetico. Máis lendo a tua cronica danme ganas de ir a um de estes.
Tamén tenho ganas de ir o 16 a Nasa.
Mais melhor nom digo nada, proque som um impresentabel que nuna se presenta nos sitios!
bks

Unknown disse...

Ei, moza, gran crónica sosio-cultural! Así a todo, e inda que somos tocaios en certos alcumes, non teño a sorte de ser Leónidas Lúa Corme. ;-)

Unha aperta!

TXARI disse...

muita enveja de nom poder ver e escuitar issas coisas!!!!

besbe disse...

ola xiana :) un pracer coñecerte nun día tan bo para ti e únome aos vivas, outro bico de volta e agardo que nos voltemos a ver.

zerovacas alí nos veremos.

esa ferrolana, claro que hai fervor cultural, é máis, agardo pronto poder verte en acción :), xa lin o correo, vémonos nese lote de citas musicais que hai por diante.

Sobchak, pois tes unha boa oportunidade o 16 para deixar de ser un impresentable :P

Acedre ti sigue cos contos que de cando en vez nos agasallas xa verás como ha de haber outro narrador de literatura infantil tocaio do Leo :D

Txari, non sei que fas a 1000 km de distancia...eu de ti estaríame plantexando voltar a esta terra.

Anónimo disse...

Se vas á Nasa, dalle recordos ao batería dos The Homens, ao Xocas, de parte de Arume dos Piñeiros, amigo do seu pai e da súa nai. El non saberá quen son, pero quizáis, se é tan listo coma o pai e coma a nai, poderá averigüalo.
E parece que ao Mourente tamén o coñezo: dalle tamén recordos.
Un saúdo e a pasalo ben.

besbe disse...

Serán dados arume :), saúdos!