12/24/2008

Good Vibrations

Vivir un decembro dun xeito que non agardaba, a primeira árbore de nadal nesta casa, dúas rapazas polo medio da rúa cantando panxoliñas á unha da mañá, alguén que lle dixo ao Apalpador que eu sería un bo regalo, lembrarme feliz na autoestrada co vento dándome na cara, recuperar os nomes que case esquecera e tamén a ilusión que fun perdendo...o 2008 déixame bo sabor de boca no seu remate.

Nestes días brindarei por min e polos que me van acompañar. A todos os demais, boas festas, claro.



12/17/2008

Novas Galaxias

Coma ela o que máis me entusiasmou do blog da Editorial Galaxia é a sección Ópera Prima. Era o que estaba agardando que sucedese, a apertura das editoriais á rede, a aproveitar as ganas de escribir de moitas persoas, a ofrecer unha oportunidade cun custe mínimo pola súa parte e, quen sabe, cun beneficio máximo.

Os meus parabéns.

Agromando

A última vez que fun, o camiño era dourado e esponxoso, as árbores tinguían a vista de amarelos e preciosos vermellos e o ceo era, naquela hora, precioso. Onte, a luz era ameazante e os nubeiros manchas grises difuminadas nun lenzo. Xa todo era frío. Coma nun dos contos de Murakami, non me decatara de como lle foran caendo as follas ás árbores, metamorfoseándose en esqueletes nun páramo. A 90 km/h pregúntome por que insisto en recrearme nas paisaxes do gris cando son máis importantes as douradas.

Despois está a pranta, non é unha aspidistra tramposa coma a de Orwell. É moi semellante pero ten flores, Spathiphyllum Sweet Chico para máis señas, que inconscientemente rego so cando se murcha, cando está a piques de esmorecer...algo inhumano se o penso de xeito intenso. E ela resiste, é case a única que resiste nesta casa, anque xa a atopei por tres veces no chan cando o vento entrou desmesuradísimo pola ventá coa súa presenza avasalladora. Aínda así continúa, intensa, e recibe as miñas miradas de admiración.

Diante, o camiño, que é coma o día que nevou e o branco todo o cubriu. Silenciosas folerpas contra o parabrisas tapando os sinais que indican o camiño. Así se inunda toda a noite, nese xeito real e afogador, facéndome minúscula e desamparada, ata que me dou conta de que non preciso das rodeiras doutros coches no meu camiño, porque é o meu camiño de folerpas.

E agora está mañá, que foi o día de onte, sentíndome extraña ao pasear pola cidade iluminada ata que chega ese momento exacto, o momento preciso no que diante dun café, diante del, arrolada polas conversas da xente, sinto que o peso do mundo non está nas miñas costas e descubro que me sinto ben.


12/13/2008

Unha semana despois...Cultur.gal e outras lerias

Moito me gustan as crónicas, especialmente as que levantan pó. Falo do Cultur.gal, que me gustou especialmente, porque eu, como persoa do vulgo que son, ás veces non me entero do que se coce por estas terras e este ano a feira ofreceume unha visión bastante ampla do que por aquí hai. Si pode ser que non sexa máis ca un chiringuito, xa que supoño que alí se concentrou o maior número de industrias con subvencións da Xunta por metro cadrado, pero éche o que hai e é de agardar que un día o tema subvención sexa algo anecdótico.

Coma outros, declareime no seu día estibalista, e por coherencia sigo manténdoo, non nas formas pero si no fondo...e tamén teño opinión formada arredor do caso EE.

Máis en O que Harvey Keitel non dixo.

Esquecíaseme: non nos tomemos tanto en serio que nos vai dar un infarto.


12/11/2008

Sentindo a morte

Dan as casualidades de que atopo no Centro de Saúde á filla de M. e cóntame a historia que xa coñezo (morfina, unha máscara BiPAP...), a que Craig Ewert xa coñecía e que decidiu contar á súa maneira, poñéndolle a fin a esa historia do xeito que mellor lle pareceu. Grabouse todo e estase a emitir na televisión de Reino Unido. Non me parece mal.

Comentaría algo máis, pero a médica díxome que me esquecese do traballo e que fose mirar as cores de moda. E voulle facer caso.


12/10/2008

O home está triste, que terá o home?

Neste tempo no que non se venden coches e proliferan os ERE por canto sitio hai e nos que Ana Botella nos obsequia con cousas como que o planeta está ao servizo do ser humano porque o ser humano é o centro, vénseme á cabeza unha lenda:

"E o home estaba sentado so. Empapado ata os osos na tristura. E achegáronselle todos os animais e dixeron: Non nos gusta verte tan triste. Pídenos o que queiras e teralo.
O home dixo: Quero ter boa vista. E o voitre respostoulle: Terás a miña. O home dixo: Quero ser o máis forte. O xaguar dixo: Serás forte coma min.. Despois o home dixo: Desexo saber os segredos da Terra. A serpe respostoulle: Eu ensinareichos.
E foi así con todos os animais. Cando tivo todos os dons que lle podían dar, marchou. E o moucho díxolle aos outros animais: Agora o home sabe moito e pode facer moitas cousas. De súpeto sinto medo. O cervo dixo: Xa ten todo o que precisa. Agora a súa tristura acabará. Pero o moucho respostou: Non. Vin un buraco no home, profundo como unha fame que nunca saciará. Faino triste e fai que sempre queira máis. Seguirá tomando e tomando ata que un día o mundo diga 'Xa non existo máis e non me queda nada que dar'"

Non sei se Mel Gibson a inventou ou lla contaron, pero pensei que viña ao caso.


12/04/2008

El dime que escriba

El dime que escriba. De calquera cousa. Pero que escriba. Eu dígolle que non teño nada que contar. Penso que levo un ano horrible e lémbrome doutro el que di que medimos o tempo en anos e atrapamos así os sentementos desas épocas. Este ano non foi un bo ano. Véñome abaixo moi a miúdo. Continúa dicíndome que escriba, que o meu xeito de contar as cousas vai ser único. E sigo sen ter nada que contar. El insiste na frase e decátome do feito: non so é escribir, é algo máis.

Aí é onde comeza o longo proceso, tecleo, escribo e as palabras van saíndo, espallando, chegando a quen teñen que chegar.

E ninguén ten idea de canto me custa cada sms.

Despois lémbrome de Estíbaliz e da súa última entrada eliminada.



11/23/2008

Do que acontece e non se adoita contar

-Como non me deas os cartos -dígolle- mátote.
-Veña, xa abonda -di mamá. Está xunto ao fregadeiro, ao lado da cociña-. Vou chamar á policía para que se encargue de ti -e bota a andar.
-Ti non vas chamar a ninguén -digo eu.
-Pois compórtate como unha persoa! -bérrame.
Sinto que vou estourar da carraxe.
-Vives aquí sen pagar casa nin comida -di papá-, e non podes pedir cartos cando che pete.
-Que non podo que...?
Póñome de pé, agarro a mesa polo bordo e envórcoa. Os pratos e os vasos caen ao chan e rompen, a tixola de peixe fritido con cebola queda do revés. Os meus irmáns quedan sentados, aterrorizados, e logo saen correndo. Collo a papá pola camisa póñoo contra a perede.
-Vasme dar cartos? -bérrolle, cos dentes apertados.


Anxos do Universo, Einar Már Gudmundsson

E nese intre, toda a poética que encerra unha vida vese depositada nos sumidoiros. Había ben tempo que quería dicilo.


11/22/2008

Máis de billarda

Este ano non xogo á billarda, pero sigue a gustarme moito todo o relacionado con ela, en especial a entrada de acedre falando sobre como el lembra que se xogaba á pincha.

Non hai moito, nunha conversa con amigos saiu o tema dos xogos de cando eramos nenos e doume un pouco de rabia non poder dicir que eu de pequena tamén xoguei á estornela...máis en A billarda é pasalo ben.


11/21/2008

Pasalo ben, Italo Calvino

Erase un país onde todo estaba prohibido.

Como o único que non estaba prohibido era o xogo da billarda, os súbditos reuníanse nuns prados que quedaban detrás do pobo e alí, xogando á billarda, pasaban os días.

E como as prohibicións comezaran con pouco, sempre con motivos xustificados, non había ninguén que atopase nada que dicir ou que non se soubese adaptar.

Pasaron os anos. Un día os condestables viron que xa non había razón para que todo estivese prohibido e mandaron mensaxeiros a anunciar aos súbditos que podían facer o que quixesen.

-Sabede -anunciaron- que xa non hai nada prohibido.

Os súbditos seguían xogando á billarda.

-Comprendestes? -insistiron os mensaxeiros- Sodes libres de facer o que queirades.

-Está ben. -respostaron os súbditos- Nós xogamos á billarda.

Os mensaxeiros afanáronse en lembrarlles cantas ocupacións belas e útiles existían ás que se adicaran no pasado e ás que podían adicarse novamente de agora en diante. Pero os súbditos non facían caso e seguían xogando, un golpe tras outro, case sen respirar.

Comprobando a inutilidade dos seus intentos, os mensaxeiros foron a comunicarllo aos condestables.

-Moi sinxelo. -dixeron os condestables- Prohibamos o xogo da billarda.

Foi a vez na que o pobo fixo a revolución e matounos a todos.

Despois, sen perder tempo, voltou xogar á billarda.

Pasalo ben, Italo Calvino




11/08/2008

Círculos viciados

Diría que a vida se tornou nunha mestura de Eternal Sunshine of the Spotless Mind e o día da marmota, que os recordos xogan ás agachadas, déixanse soñar, sacoden o pensamento...

Así é imposible.





10/28/2008

Fartei de perrenchas lingüísticas

Vía O quilombo lin unhas declaracións de Kureishi, o titular é o seguinte: Europa deve criar esquerda alternativa para assegurar futuro. Fala, sobre todo, do capitalismo, pero tamén da multiculturalidade.

No caso do galego tamén fai falla, xa non unha política alternativa porque a día de hoxe semella que toda a política está vendida, se non unha masa crítica que evite caer en trampas que so buscan alterar os ánimos e en accións empresariais que desexan encher o peto a base do despiste e da incoherencia.

O resto é o de sempre: se o poder son os cartos e os cartos se xeran azuzando aos consumidores con publicidade, cortemos ese ciclo espantoso e publicitemos, non o que nos ataca, se non o que nos honra.

En Galicia, en castellano

Alema, "bueno" marea e non precisamente na RAG.



10/23/2008

A imaxe da crise

Unha crise sempre é ben recibida, cambios e máis cambios, no económico mellor que sexan mudanzas a mellor. Ben pensado, sempre que haxa crise é preferible que sexa para mellor, e cando se fala de cartos, non sei quen dixo que non dan a felicidade, pero axudan. Igual nesta casa xa se comezan a notar os efectos desta suposta (para min aínda ficticia e etérea) crise e aínda así, por agotamento, estou pensando en deixar un dos segundos traballos que teño para o ano que ven (si, síntoo moito, son pluriempregada a xornada supercontinua).

A historia é a seguinte: os amigos van pescar a Santa Cristina un día destes, levan as súas cañas, as súas rapalas, a súa ilusión e asisten á subida e baixada das mareas mentres eu quedo na casa facendo sabe Deus que (perder o tempo, basicamente). Chega a hora na que despois de ter pescado unha lubina e dous xargos deciden retirarse e chaman ao móbil (non sempre operativo non se saber por que) para reclamar a miña presenza. Vou e recólloos. Decidimos ir a tomar algo, ponlle un prato combinado, unha hamburguesa ou algo semellante, alí onde van os rapaces guapos e pregúntome onde andarán aqueles que o primeiro día que cheguei a Coruña vin.

Conclúo moitas cousas, que Santa Cristina segue sendo o que era cando frecuentava Chevalier, que unha xa ten dez anos máis enriba, que moito che mudaron as cousas e que, efectivamente estamos en crise. Non porque o prezo das hamburguesas, pratos combinados, cañas e café sexa excesivo, se non porque, como teño oído veces abondo como para rematar convencéndome do feito, a creatividade aumenta en tempos aciagos (así como o gusto polo gran tamaño dos peitos). E, de non ser así, de que todo "artista" ou similar, tolea de cando en vez.

Pido un café con leite e respóstanme "con leite?" ao que digo "si". Xa non tomo tanto café coma antes, faime ter bruxismo, ponme demasiado nerviosa, pero de cando en vez agradécese o sabor. Despois de que mo traian bótolle o azucre. Polo xeral sempre lle boto unha ollada ao envoltorio do azucre e desta vez fixérono antes os acompañantes cun riso semi-obsceno na cara. Miro o envoltorio e de primeiras non vexo nada significativo, de segundas penso que, efectivamente, o meu é café con leite.



Creo que a obra é de Yolanda Dorda e, a verdade, creo que non hai imaxe mellor para falar da crise nin para os versos de Connie Francis cantando Siboney:

Siboney, yo te quiero
yo me muero por tu amor;
Siboney en tu boca
la miel puso su dulzor;
ven a mí que te quiero
y que te adoro
y qué eres para mi...


Connie Francis-Siboney



10/12/2008

Ai, Chantal, Chantal...pero ti que pretendías??

...la frase "los hombres ya no se vuelven para mirarme" es la luz roja que indica el comienzo de la progresiva extinción del cuerpo.

Por mucho que él le dijera que la quiere y la encuentra guapa, su mirada de enamorado no le serviría de consuelo. Porque la mirada del amor es la mirada del aislamiento. (...) No, lo que ella necesita no es la mirada del amor, sino un aluvión de miradas indiscriminadas, desconocidas, groseras, concupiscentes, que se detengan fatal e inevitablemente sobre ella sin simpatía, sin ternura ni cortesía. Esas miradas la mantienen en la sociedad de los humanos. La mirada del amor la arrebata de ella.

(...)

Cuando Chantal tenía dieciséis, diecisiete años, le encantaba una metáfora; ¿la había inventado ella misma, o la había oído, o leído? Poco importa: ella quería ser un perfume de rosas, un perfume expansivo y avasallador, quería traspasar así a todos los hombres y, por mediación de los hombres, abrazar el mundo entero. Perfume expansivo de rosas: metáfora de la aventura. Esa metáfora había brotado en el umbral de su vida adulta como la promesa romántica de una dulce promiscuidad, como una invitación al viaje a través de los hombres.


La identidad, Milan Kundera.

Descontextualizando ou contextualizando fora de contexto, mentres escoito voces que me calman e música que me agrada, penso se Chantal debería mercar ou non unha antiarrugas. É a dúbida existencial que nestes intres me corroe.


10/10/2008

Impactada

Isto é un geoduck, unha especie de ameixa enorme que pode vivir 146 anos tan tranquilamente. Alá pola China, Corea e Xapón cómenos tan panchos e tan anchos, ríome eu dos que lle teñen noxo aos percebes.



Vía Dark Roasted Blend.



10/09/2008

Arumes, besbe e a CNT (Woody Allen por diante)

Que se é unha postal, que se non deixa de caer nos tópicos, que se a voz en off, que, en definitiva, vaia fraude de película. Pois a min gustoume e por un momento comparei a Woody Allen con Stephen King en canto á facilidade que teñen ambos de imaxinar os seus mundos, as súas historias, dun xeito que ata parece fácil.

Vicky, Cristina, Barcelona é iso, o que é Barcelona para os que non viven na cidade e para os que van de turistas: o aeroporto, Miró, Gaudí e o parque Güell e a Pedrera, Miró, a fonte máxica e Montjuïc, a burguesía catalana e o barrio de Pedralbes, as Ramblas, a estatua de Colón, o Tibidabo, o catalán, os extranxeiros...e o que pode acontecer nunha cidade ou noutra (Oviedo e os carbayones, e Santa María del Naranco e unha fabada) mentres bebes viño, escoitas tocar unha guitarra (que nunca está de máis, pero tamén son casualidades atopar tantas guitarras) e te sorprendes coas persoas coas que te xunta a vida.

Trailer de Vicky, Cristina, Barcelona



Barcelona non é maís que o marco no que se conta unha historia que tanto ten que acontecese en Londres, ou Manhattan, San Petersburgo ou na Coruña, o que se vai buscando é encadrar nalgún sitio o que todos facemos e a todos nos pasa: seducir, namorarnos, botar un ferrete, comezar unha relación, plantexarte outra, cuestionar o futuro na compaña de alguén, decidir continuar co que xa tes, decidir ser infiel, saber o que non queres e buscar o que colme a insatisfacción, decidir que as etiquetas homosexual/heterosexual/bisexual non sempre son correctas, querer a alguén e namorarte doutro alguén, cuestionarte a monogamia, cuestionarte a vida en parella...e todo o que iso implica cando non se comparten puntos de vista, cando a moralidade che impide tomar certas decisións, cando as eleccións non son "correctas", cando che da igual o que digan os demais, cando non atopas o que queres, cando ves que as túas decisións están influenciadas polos demais e optas por deixar que iso sexa así ou todo o contrario.

A película non soluciona nada, pódese dicir que é un cliché de pensamento e ata podo aventurar que sexa unha película a programar nas tardes dos domingos en calquera cadea de televisión, o cal me parecería xenial: ver con naturalidade certas maneiras de vivir a vida, a sexualidade, que non son as convencionais e sementar unha dúbida en milleiros de cabezas.

O que máis me gustou é que a historia é presentada así tal cual, non xulga, non critica, non condiciona, so mostra o que hai e cada un que escolla, porque á fin, a vida hai que vivila e das túas escollas vai depender a túa vida. Gustoume porque é sinxelo identificarse con cada un dos personaxes.

E a banda sonora tamén foi do meu agrado: http://www.myspace.com/giuliaylostellarini

adicado a arume dos piñeiros, gustoume máis Pe que Scarlett e non me decatei do cartel da CNT, débolle un libro...


10/07/2008

E se hoxe rematase todo...

Vía acedre chégame o meme que Mario atopou por aí, aló vamos:

Se fose a fin do mundo...

1. Que canción che gustaría escoitar?

Ningunha en especial e todas en xeral, tirando de last.fm escollería tags tales como mowtown, twee, britpop, sweden ou algo semellante.

2. A que libro lle botarías un ollo?

Non creo que se me dese por ler, se acaso rematar o último que ande a ler, por iso de non morrer coa intriga. Pero non ían ser os libros os que me preocupasen nese intre.

3. Con quen che gustaría falar?


Con quen estivese ao meu carón, neste caso J., adicar unhas palabras á familia e unhas mensaxes aos amigos, que supoño que estarían tamén preparándose para a fin do mundo.

4. Que che gustaría comer?

Chocolate ou xeado de limón ou pipas e café ou licor café ou cervexa ou zume de laranxa (é que agora mesmo ando de sobremesa e se vai rematar o mundo é o que me apetece)

5. Que farías e que che queda pendente por facer?

Pois collería o coche e tiraría cara Fisterra ou cara San Andrés de Teixido ou cara algún sitio con mar lonxe da cidade, coa música e comida/bebida anteriormente escollida e cun libro de poesía para non ler no asento de atrás. Supoñendo que chegase ao sitio escollido, pois disfrutar da compaña e acompañamentos.

Se remata o mundo non creo que me arrepinta de nada nin pense no que me quede por facer, a día de hoxe quero facer moitas cousas, tantas, que xa me pesa non telas feito antes...pero se hoxe remata todo, tede por seguro que non me vou amargar pensando nelas.

Living la vida loca



10/03/2008

Steiner, non máis fracasos

A estas alturas a polémica xerada por Steiner semella xa auga pasada, con todo no grupo de Literatura Galega de anobii.com adoptamos a este home "experto" en literatura comparada como padriño.



Polo menos ata o de agora, antes de que apareza outro que faga máis méritos (Gloria Lago e compaña non contan por cansinos, que estou farta de ver cartas ao director en La Voz de Galicia cun claro diagnóstico de manía persecutoria).



10/02/2008

Dinosaurios e blogueiros en 3D

O martes fomos a ver a proxección para blogueiros de Dinosaurios na primeira sala en 3D en Galicia, na Domus da Coruña. O evento foi organizado polos Museos Científicos da Coruña e Galinus e como dixo Xosé Antón Fraga, unha experiencia piloto do que agardaba que fose o primeiro de moitos máis encontros que habían facer pensando nos blogues. Logo da súa presentación Enrique Criado, de Enxebre, empresa que se encargou de adaptar a sala, falou sobre a orixe e futuro das 3D e despois xa procedemos a ver a película e unha curta que produciu Enxebre. Tras o pase, pinchos e o mellor destes eventos: conversa e intercambio de opinións.

A pega que lle vexo eu a isto das 3D é, por incrible que pareza, a adaptación da vista a ver as cousas como supostamente xa as ve, pero comentaba tamén un dos rapaces de Galinus que el probara unhas gafas electrónicas para 3D e que a visión era perfecta, así que supoño que isto mellorará a aceptación, e pensando nos videoxogos é de supoñer que será un éxito.

Falamos con Sole e con algún dos membros de galinus das aplicacións das 3D, que se emperraban en facer películas e igual tiñan que centrarse tamén noutros campos. J. comentaba que para o seu traballo podían virlle moi ben para realizar exposicións nas súas terapias de psicoloxía, por iso dun "entrenamento á experiencia real" no caso de fobias e outros transtornos. Sole comentounos o caso das persoas que teñen fobia a montar en avión e o programa que ten Aena para estes casos, que conta cun simulador de voo real, así que teñen campos abondo para explorar e sacarlle partido a isto das 3D.

Experiencias en 3D xa tivemos ocasión de comprobar aquí en Galiza noutros ámbitos, como é o caso da exposición Galicia Dixital.

Ao final falouse do que se tiña que rematar falando: mestura internet, ocio e 3D e seguro que a palabra "porno" non tarda en aparecer...nada de HD, o que seguro que trunfará serán as 3D, ou que??

Paseino ben, encantoume voltar a ver a moitos compañeiros que había tempo que non vía, coñecer a outros, desfrutar das vistas dende a Domus e coñecer á xente de galinus. Agardo que repitan este tipo de experiencias e a miña noraboa.

Donnie Darko estivo alí


9/30/2008

Pekín Express

Vin o domingo o programa este Pekín Beixín Express, presentado por Paula Vázquez. Aquí na casa falamos de La larga marcha (a chinesa non, a de Stephen King) onde cen rapaces participan, por gusto ou disgusto, nunha camiñata que comeza na fronteira dos Estados Unidos e Canadá ata que so queda un...vivo.

-Sentaos, muchachos -dijo, una vez en tierra-. Tened en cuenta el consejo número 13.
El consejo número 13 rezaba: «Conservar las energías siempre que sea posible.»
Los que se habían puesto en pie volvieron a sentarse. Garraty consultó de nuevo su reloj: las 8.16. Decidió que iba un minuto adelantado. El Comandante siempre aparecía a la hora prevista. El muchacho pensó en atrasar el reloj un minuto, pero pronto lo olvidó.
-No voy a hacer un discurso -continuó el Comandante, escudriñándoles con las gafas que le ocultaban los ojos-. Quiero felicitar al que resulte vencedor, y expresar mi reconocimiento a los perdedores por su valor.


Mañá comezo a correr e entre La larga marcha e o novo de Haruki Murakami (do que lle teño libros pendentes) What I Talk When I Talk About Running do que fala de novo Jaureguízar, xa teño lecturas motivadoras de sobra para acadar o de mens sana in corpore sano.

Mañá, á hora de estourar os pulmóns, as orellas acollerán música coma a que me esperta cada mañá pero hoxe de banda sonora quedo con jazz, tan presente tamén na vida e obra de Murakami.

Jhon coltrane-My Favorite Things



9/26/2008

Outra vaca no millo: sobre o M. González Garcés

Chegoume toda a información nun correo de Igor Lugrís e a estas alturas saberá todo o mundo que lle concederon o premio de poesía Miguel González Garcés a Eduardo Estévez cun poemario baseado nun blogue chamado "en construcción" onde se vía claramente que era el o autor, onde os lectores podían ler, opinar e influír sobre o decorrer dos versos, o que veñen chamando "work in progress", cousa novidosa nas nosas letras e usando as novas tecnoloxías que se teñen ao alcance. A Xavier Lama chegáronlle novas sobre a procedencia da obra gañadora e impugnou a decisión do xurado que polo visto nin sabía de quen eran os versos gañadores nin tiñan coñecemento da existencia do blogue en construcción, co cal o anonimato preciso segundo as bases do premio estaba garantido. Ao final quitáronlle o premio a Eduardo nunha nova deliberación do xuri con presencia dun avogado por parte da Deputación polo medio e estimarion conveniente outorgarllo a Lama.

A impugnación de Lama, e a explicación da cal que se pode atopar na de Jaureguízar, viña dada polo feito de que se "en construcción" estivo á vista de todo aquel que o quixese ler, de que se supostamente a obra de Eduardo estaba baseada en todos eses versos, revisados ou non coa axuda dos lectores do blogue, e outros novos...había a posibilidade de que algún membro do xuri soubese a quen pertencían (que parece que non foi así) e de que realmente a obra non fose inédita, se estaban publicados xa nun blogue... Lama, ao meu ver, ten toda a razón do mundo, posto que existe a dúbida razoable de que poidese ter habido algún incumprimento das bases do premio.

Visto que o anonimato foi garantido, o que queda por aclarar é se a obra era inédita ou non. Eduardo a través de consultas feitas a Fran Alonso ou a Miguel Anxo Fernán Vello concluiu que un blogue non se pode considerar unha edición, e Marcos S. Calveiro expresa na súa bitácora o que se considera inédito ou non. Ata aquí todo correcto, a obra era inédita dende o punto de vista legal. Entón o premio non debería de retirárselle a Eduardo.

María Lado expresa tamén que é moi normal que se presentan a concurso "obras" nas que parte dos versos xa estivesen antes expostos en publicacións como revistas ou fosen antes recitados polo propio autor.

Sorprendinme moito con toda esta información posto que se presentas unha "obra" a un concurso onde fala de obras inéditas (así en xeral) por moito que a maioría do poemario sexa inédito e supoñendo que o xuri estea enterado do que se coce a nivel galego asistindo a recitais, lendo publicacións, lendo blogues de autores...é moi fácil que uns versos che sonen de telos lido ou oído antes e polo tanto que os poidas atribuír a un determinado autor. E isto é un perigo nunha literatura onde, máis ou menos, todo o mundo se coñece, que ao final somos catro gatos así ben contadiños. Co cal entendo perfectamente a Lama e a súa impugnación.

Penso que o de inédito para concursos literarios deste tipo ten que ser máis definido nas bases porque está visto que o que xuridicamente se entende por inédito (obra publicada baixo ISBN ou obra que se poida descarregar en formato pdf, doc ou lit por poñer un caso) non sirve no caso de recitais, blogues ou outro tipo de soporte no que se difundan os contidos polo posible futuro recoñecemento da obra e autor vulnerando así o anonimato que tamén se require neste timo de certames.

Eduardo di que non vai recurrir a impugnación de Lama e penso que si o debería facer para aclarar este tema e non deixar este caso como precedente posto que non deixa contentos nin a uns nin a outros e non remata de aclarar nada posto que ao final todo queda reducido á redacción das bases pola entidade convocante e interpretación que o xuri faga delas, todo moi relativo ao final.

Para min neste caso vai quedar como gañador Eduardo e Xavier Lama como merecedor dun accésit. Iso si, tamén quero dicir que non se me ocurriría presentar un poemario procedente dun "work in progress" a un concurso deste tipo polos problemas que podería traer (e que ao final trouxo), máis ben tentaría que algunha editora o publicase debido a que é unha forma innovadora de escrita e colaboración cos lectores e no caso de que á editora non lle interesase (anque o louvasen ata o infinito dicindo que é un proceso creativo marabilloso bla, bla, bla) faría por publicalo no mesmo medio que o viu nacer, neste caso a rede (A Regueifa, por exemplo, por poñer un netlabel e por non dicir o único) e sobre os dereitos de autor case que non vou falar, como que paso.

Porque aquí, a pesar de que se trata de gañar un premio (prestixio e cartos), tamén importa moito o feito de publicar a obra en papel, que semella que é o que importa. Déixase de lado a evolución da literatura na rede en canto a facer reseñas e críticas de ebooks pero fáiselle caso cando é motivo para retirar un premio, por poñer un caso. Penso que as editoriais teñen un traballo que facer poñéndose a traballar co abano que a rede lles permite utilizando catálogos de libros on line daquelas obras que pasen un mínimo de calidade exixida coa opción de impresión baixo demanda (o papel sigue tendo o seu peso) por iso de non sobrecargar os estantes das tendas de libros nin o sistema literario galego.

Polo demais, o feito de que neste caso os poetas teñan que recurrir a versos, poemas etc que xa recitaron, xa publicaron noutros soportes etc para incorporalos ás súas obras dime moito da precariedade literaria deste país, co cal ideas coma as da Axencia Literaria Galega para promover a carreira literaria dos autores e a prol dunha profesionalización dos escritores parécenme do melloriño que en moito tempo apareceu por estes lares, da contra haberá que darlle a razón a Steiner (e eso doe moito, moito, moito).

Como pinga para facer rebosar o vaso non estaría mal que aproveitando este debate sobre o édito e o inédito se falase do que xa outros compañeiros como Mario Regueira, María Lado ou Alfredo Ferreiro teñen dito: Arsenio Iglesias, o X Premio Avelina Valladares e a súa obra premiada pero inédita a efectos legais Ático.

Hoxe, máis ca nunca, o hipertexto é literatura.



A boa nova: Construccións será publicado en edicións positivas.


9/22/2008

Pirateando libros

Non me resisto, son incapaz, pareceume tan xenial, tan distinto, tan moitas cousas, que con razón mereceu un premio. E isto, descúlpenme por incomprensible, fíxome rir un anaco. Descúlpeme Valentina por piratearlle un anaco do seu Debaixo de Dziga Vertov hai unha buxaina:


(EVIDENTEMENTE, cando chame á porta, fareino pasar e sentareino
na mesiña
ó fondo,
sen posibilidade de fuga ou contrapunto)
Vid. Fig.1 para os detalles da miña rumiada aproximación en pun-
tos discontinuos e demais estratexias circunvalatorias de imperio
romano.
O éxito radica en comeza-lo discurso cun suxeito gramaticalmente
pesado,
por ex.: os octanos da gasolina.
Sexa como for, volatilizar ipso facto en metereoloxía.
Os ollos en ventolina
crestas de escuma na voz
e de seguido, xa, embestida.

Meu querido Fernán Vello punto coma.

Claro que a velocidade do discurso pode ir aumentando en quilóme-
tros/hora,
así de frouxiño a temporal duro, moi duro
e polo tanto, nestre intre, as pálpebras centrifugarán caldeiros cheíños
de ondas de altura excepcional, vomitando salpicaduras.

Remanso e embestida

Meu querido Fernán Vello punto coma o premio de poesía espiral maior ten que ser para os efectos do vento en alta mar; escala Beaufort.

Despois disto, tan só ser cantil
deixarse bater,
porque un mar con rizos coma as escamas dun peixe pero sen escuma.
a devastación total da beleza.





Opaiii Canido!



O sábado carguei as pilas en Canido, foi algo especial.

Ata me animei a participar e o resultado foi este, moi naïf segundo me dixo Gustavo Sequeiro, pero segundo as nenas que por alí se achegaron: "te quedó muy bien". Admítense críticas!



Máis fotos do evento no flickr de Xoan Porto. E moitas grazas ao Serxio, que tamén se encargou de organizar as actuacións musicais do día.



Alimentación cuestionable

Antona ten 30 anos e tamén nome de ama de cría, concretamente da que amamantou á súa nai, alá na aldea, segundo contou unha vez.Sírveme o café coqueta e achégame a xerriña de leite tépedo cun sorriso nos beizos que rompen en reflexos avermellados cando un raio de sol atravesa a ventá e chega á súa esponxosa boca.

Vémonos todos os xoves dende que vin traballar aquí. É agradabel atopar a algún compañeiro de carreira na cidade na que vas vivir. Hai pouco máis de nove meses bebiamos cervexa ata que un sorriso se asentaba na nosa cara e as gargalladas salpicaban a nosa conversa. Ultimamente eramos máis sans en canto á bebida, tiñamso debilidade polos zumes e rematou trunfando o de pexego. Antona quedou preñada e eu atopábaa máis atractiva.

As citas pasaron a ser na súa casa cando dou á luz e mudamos de novo as beberaxes. Poñía amorosamente o café no lume ao tempo que falabamos na cociña, despois iamos para a sala e ela voltaba ao pouco á cociña para traer o leite e a cafeteira logo de pasar polo cuarto do pequeno. Máis ou menos á hora de eu marchar dáballe o peito ao bebé, un acto íntimo pero tan natural que dicía que nunca lle parecera obsceno darlle a teta en público ao seu neno bonito.

Eu tomaba café con leite, cada vez con máis leite que café, excitábame facilmente e algunhas noites tardaba en quedar durmido. Non coma o Brais, que non facía outra cousa que mamar e durmir, durmir e mamar. Había días nos que demoraba a despedida e observaba coa boca aberta como o pequeno agarraba o peito da nai e sen abrir os ollos atopaba a grande mamila coa súa boquiña e continuaba así ata que fartaba de comer. Antona miraba á criatura cunha expresión que non son quen de describir, a expresión dunha nai alimentando ao seu fillo e logo mirábame a min e sacaba un tema de conversa calquera e parolabamos o tempo que duraba a boca de Brais unida á teta de Antona. Vía entón como a man collía o peito e o agochaba con coidado baixo a camisa mentres a miña mirada quedaba prendida ao momento no que o peito deixaba de ser alimento e descontextualizando pasaba a ser obxecto de desexo.

Saboreaba o último grolo de leite con café e viña ela polo corredor, o neno hoxe non ten fame ningunha. Sentou no sofá e serviuse un café máis, cos ollos preguntoume se eu quería. Quero, dixéronlle os meus ollos e axeonlleime na alfombra ao seu carón. Dun xeito natural a man sacou o obxecto de desexo desabotoando a chaqueta de punto vermella, coma o Brais a miña man pousou no peito e a boca buscou a mamila.

Non foi sorpresa ningunha recoñecer o sabor do meu leite con café na teta da miña secreta ama de cría.

O suizo Hans Locher quería utilizar leite materno no seu restaurante, quen dixo que xa probara algúns pratos cociñados con este leite posiblemente provinte da súa muller. As autoridades sanitarias ameazaron con denuncialo e desistiu da idea.

Rolf Etter, director do laboratorio de control de alimentos de Zurich dixo que "os seres humanos non forman parte da lista de especies das que é legal obter leite con fins comerciais, coma a ovella ou a vaca, pero tampouco está na lista de especies prohibidas, coma monos e primates".




9/14/2008

A telenovela das vieiras

"Tal vez, pensó Axel Jordache mientras trabajaba en el sótano, debería echar veneno en uno de los panecillos. En broma. Porque sí. Les estaría bien empleado. Sólo una vez; sólo una noche. A ver a quién le tocaba.

Echó un trago, directamente de la botella. Al terminar la noche, la botella estaría casi vacía. Estaba enharinado hasta los codos, y tenía harina en la cara, donde se había secado el sudor. Soy un maldito payaso, pensó, pero sin circo."

Hombre rico, hombre pobre de Irwin Shaw.

Cando lin este libro, convertido despois nunha exitosa serie, e concretamente este parágrafo, quedoume moi claro que coas cousas de comer non se xoga.



Estes días, co problema das vieiras, lembreime de novo destas liñas que tan desacougantes foran naquel momento para min. Non creo que Toñi Vicente nin o resto dos cociñeiros supostamente implicados quixesen facer coas vieiras intoxicadas a broma macabra que Axel Jordache tiña en mente cos panecillos, pero o resultado sería máis ou menos o mesmo, unha tortilla rusa de vieiras e a ver a quen lle toca o veleno.

O que si conseguiron foi o circo que Jordache non tiña, comezando por un barullo mediático desordeado e seguinto cun manifesto un tanto absurdo segundo o meu punto de vista. Eu so digo que cando un fai algo mal, agradécese o apoio dos amigos e compañeiros, pero ese apoio ten que ser coherente: aceptar que o amigo fixo algo mal, dicirlle que o fixo mal, estar con el neses malos momentos e discreción, moita discreción.

Ao que non vexo sentido é a ensalzar o mal feito, porque se non, o día que outro Jordache envelene de verdade un bolo de pan, por coherencia tamén teremos que defendelo e non nos vai gustar nada.



9/09/2008

Strangelets

O día que remate o mundo, todo será tan estúpido coma as consecuencias do impacto dun mosquito contra a túa cabeza.

The Doors-Break on through


Ás veces xa o é.



9/06/2008

Libros e redes sociais

A día de hoxe hai redes sociais para todo e coa leria do Steiner e co anuncio o outro día que Amazon mercaba Shelfari, acordeime de LibraryThing, outra biblioteca virtual que descubrira no 2006. Ao final, as redes sociais relacionadas con libros que atopei quédanseme en cinco:

Librarything.com

Shelfari.com

Goodreads.com

Librofilia.com

anobii.com

Despois de botarlle un vistazo a todas quédome con anobii, con base de operacións en Hong Kong e que escolleron ese nome porque eran as primeiras sílabas de Anobium Punctatum, uns insectos tamén chamados piollos dos libros que viven alimentándose dos fungos que medran na cola e no pegamento dos libros. Anobii ten unha inferface similar a Shelfari e está traducido a varios idiomas (ao galego aínda non) ofrecendo a posibilidade de colaborar, e catalógache os libros lidos segundo o idioma, ademais de atopar xente próxima aos teus gustos.

Respecto ao idioma, Shelfari e Goodreads só están en inglés, LibraryThing ten a opción de escoller todos os idiomas peninsulares agás o galego e Librofilia, como comunidade hispana, está en español.

Considero que estas redes sociais tamén son unha maneira de espallar a literatura galega pola rede adiante, agora que semella que hai tanta preocupación polo tema e o descoñecemento por parte doutros da nosa literatura.

Así que se queredes...www.anobii.com/besbe

Acabo de atopar un grupo Last.Fm Readers, moi social todo isto.



8/18/2008

Megalitismo en Galiza dende Andalucía

Acaba de chegarme á casa o PH67, un boletín gratuíto monográfico do Instituto Andaluz do Patrimonio Histórico, que desta vez trata do Patrimonio Megalítico na Península. A parte que lle corresponde á Galicia desenvolveuna Fernando Carrera Ramírez, da Escola Superior de Conservación Restauración Bens Culturais de Galicia. E falo disto porque non hai unha sen dúas e mesmo, ás veces, dúas sen tres.

Volve a anunciarse que a Consellería de Cultura e Deporte vai declarar BIC 48 cámaras megalíticas e supoño que seguirán as propostas que neste monográfico Fernando Carrera propón, baseadas todas elas na protección patrimonial e na limitación dos recursos destinados ao patrimonio arqueolóxico, que como el di, ata o de agora "Si nos referimos a los cuidados que merecen los ortostatos con arte prehistórico, el análisis se vuelve bochornoso: se trata de la más antigua expresión artística hoy por hoy conocida en Galicia, que desaparece poco a poco ante la apatía general". A ver se desta vai.

Ademais diso, dicir que a foto que abre a sección do megalitismo en Galiza fíxena o día que fomos visitar Dombate.




8/11/2008

Pensamentos post-Valga 08

Dixo un tal Simon Frith que "a música é capaz de crear unha identidade colectiva" de feito a música folk é o que fai, conserva as raíces, a tradición de cada lugar, formando un guetiño pechado a influencias externas, reafirmando así unha identidade. Despois ven a evolución desa música e aparecen sons coma os de Luar na Lubre, Berrogüeto, Espido, Nordestinas, Milladoiro etc que tamén están moi ben e siguen espallando ese concepto de identidade fora das nosas fronteiras.

A identidade colectiva que pode crear a música tamén se ve reflexada na indumentaria, un xeito de diferenciarse/identificarse a través da estética que acompaña aos grupos e xa me paso ao pop: as raias de The Homens, a liña de roupa customizada dos Franc3s, ver aos membros de Nadadora é como mirar un escaparate de tenda de moda, as corbatas monocromas de Quant, o estilazo dos integrantes de Projecto Mourente, a camiseta-pendrive de Nouvelle Cuisine, a estética escura dos Triángulo de Amor Bizarro, The Blows tan maqueados e tan británicos(ou xa non?), Niño y Pistola agora máis guapiños e, que vou dicir...gústame moito máis esta estética, este coidado na apariencia que se nota tamén no coidado que poñen ao facer música.

Digamos que esa é a solución ao que Martin Wu dixo un día "O problema da música galega é a falta de hixiene", frase presente nun recuncho moderno deste país a rebosar palestinas e complementos da Rúa Nova en Compostela (que non digo que non sexa hixiénico, ollo, pero gústame máis ver uns pitillos, unhas Converse, unhas crachás divertidas, unhas gafas de pasta, unhas camisetas que poñan Morrissey por poñer un caso e prendas do estilo)

Falando de letras, non vou dicir que as letras popeiras sexan as máis profundas, reivindicativas ou o que sexa comparadas con calquera outro estilo musical, pero hai quen pode capear ben un temporal como Ataque Escampe ou Fanny&Alexander, que o de musicar poesía autóctona xa leva mensaxe encima.



E falo destes grupos porque son uns cantos dos que me gustan e case todos estiveron presentes no Artenativa en Valga nalgunha das súas dúas edicións, razón de máis para ter asistido: un festival cun traballazo detrás e cuns cartaces moi apetecibles e sen ter que ir buscar grupos fora de aquí, porque os de aquí tamén triunfan aló onde van.

Ía ser un pouco rancia e queixarme da pouca xente que fora en comparación con outros festivais do estilo, pero vou pensar que á terceira edición irá a vencida e que como dixo Edu de Nadadora, hai que ampliar o círculo de amigos para que o ano que ven Valga estea cheo de xente, e engado, de persoas que valoran o esforzo que fan estes rapaces e a música con denominación de orixe, que para min non facía falla que viñesen os de Galicia Escoita a dicir que montaban o Benicassim galego, porque Valga xa o é de sobra.

Despois de Valga está o tema A Polo Ghit e tamén teño a esperanza de que a terceira edición vaia a vencida, máis ca nada porque creo que o de "canción do verán" aínda non quedou claro ata agora e xa que o gañador vai ir a Laponia, digo eu que podiamos facer algo semellante ao que fixo Suecia con ABBA e o seu Waterloo, ou Israel con Izhar Cohen co Abanibi Aboebé se falamos de Eurovisión ou Rumania con O-Zone e o seu Dragostea din tei en canto a cancións do verán. Eu teño moi claro que canción debería ir (dixen que ía subornar ao Sr Pereiro, pero non son nada sutil para esas cousas e un suborno queda moi feo, así que deixo este comentario e a ver que pasa) e no caso de que Projecto Mourente non fose, outras opcións boas serían Roger de Flor ou Boy Elliot and the Plastic Bags.



Todo isto non é máis que unha opinión moi persoal, pero son estes detalles os que hai que coidar, a toda esta xente que está facendo cousas e movéndose, que teñen boas ideas (Artenativa), que son bos no que fan (os grupos que pasan por Valga), son os mellores representantes que a día de hoxe pode ter Galicia musicalmente, porque non se estancan en guetos, as identidades tamén evolucionan e enriquécense e non por iso renuncian ás súas raíces e Galiza é moito máis ca folk, máis ca ska e do que se ve en Desde Galicia para el mundo e estou segura de que lle pode interesar a xente que non é galega, que podemos deixar de pecharnos un pouco comezando por nós mesmos.

Din que estamos nun dos mellores momentos en canto a festivais e música así que non hai que facer outra cousa máis que apoialos, mimalos e valorarlle o esforzo que fan, porque son coma tesouros e sería unha pena que todo isto se perdera namais comezar e a ver se dunha vez alguén é profeta na nosa terra e que a nosa terra sexa Valga.

Apuntamentos a maiores:

-Nadadora non son ñoños, en directo sonan moi ben.
-Paréceme fatal que os da RTVG poñan Disco 2000 (nada en contra do programa, cantos máis mellor) na RG e non fagan o mesmo con Radio Oceánica (moito máis rica en opinións, gustos e estilos ao meu parecer)
-Nada máis que se me estropea o karma.


Máis do Artenativa 08

Memoria de Valga
Artenativa 08 (ou Festivalga)
Fotos


8/09/2008

Artenativa 08



Co lombo queimado e todo, alá vamos.


A confusión das linguas



Xénese 11; 1-9, ven a falar da Torre de Babel, para min unha especie de explicación bíblica de como se dispersaron os homes pola terra e de como surxiron as linguas todas.
Nös xa temos o noso Babel pero hai quen se empeña en voltar ao mesmo: a que todos falemos a mesma lingua...e a min hoxe cáeme ben Yavé porque destruíu esa Torre.


7/27/2008

Aconteceres do Día

Randy Pausch-A última conferencia


O mesmo día que morreu este home (que ata hoxe descoñecía) comecei a decatarme de moitas cousas.


7/20/2008

She wasn't looking for me. She was looking for Kris Kristofferson. And to be indiscreet, I wasn't looking for her, I was looking for Brigitte Bardot. But through a curious twist of fate, we found ourselves on the same elevator.

A great surprise lying with you, baby
Making your sweet little sound


Leonard Cohen-Chelsea Hotel 1


Despois cambiou de opinión en Chelsea Hotel#2

I remember you well in the Chelsea Hotel,
that's all, I don't even think of you that often


(non te preocupes Janis, se se molestou en falar de ti é que lle importaches, tanto como el a ti)


7/19/2008

Búsola

O terceiro número de Búsola chégame a casa da man de Suso Rubio e entre outras cousas andan por aí as reseñas de L´affiche Rouge de Mario Regueira e de Trinta e dous dentes de Xabier López López.

Descargar Búsola




6/30/2008

Puideron

Vin os partidos, encantoume como xogaron e mereceron a victoria, pero tiveron que falar de política e resulta que non é so un xogo.




6/20/2008

Uxío Broullón

Todo comezou cunha pregunta digna de figurar nun poemario: A que sabe Podfabs!? E para quen teña dúbidas sobre a que sabe Podfabs!...http://fabuloseando.blogspot.com. Como ben confesa Uxío Broullón, de aí naceron todos os podcasts que viñeron despois.

Fixécheste adicto?

Uxío: Ben, sempre me gustou a "radio", e podfabs xurdíu por chou; eu gravaba programas de radio en cedeses que viaxaban polo mundo (afición herdada dun mestre meu de debuxo, Pablo Alejos). Unha blogueira catalana que eu coñecía tiña un deses cedés, un rapaz mexicano (Corso http://nodo3e.blogspot.com/) buscaba locutores, a amiga faloulle de min... y el resto es por todos conocido :P
É unha bonita historia

Unha historia ben bonita.
Uxío:
é das cousas que máis me enchen da rede. A amizade mexico-galega que xurdiu e a boa conexión con ego99radio.blogspot.com, a nosa radio, con emisións en galego desde méxico para o mundo :P Agora, practicamente a estamos mantedo el e máis eu nada máis, eu mantendo de contidos, porque fai el todo o traballo de mantenemento do sitio e iso.

O tema dos podcast é todo poñerse a escoitar, non? Despois engánchaste, facendo coma no last.fm a túa programación propia de radio.
Uxío:
Claro, diso se trata

Medran os podcasts ou non aquí en Galiza?
Uxío:
Pois o certo é que muito non medra, agora mesmo os máis activos, que me conste, son zimmer103 e máis eu, despois están uns rapaziños de Santiago que fan un en castelán http://soundsok.es, e un deles animouse a empezar un en galego (Cousas). Haber hai algúns pero que actualicen así con frecuencia... os dalgún colexio, que iso está moi ben, e pouco máis.
(Nota: Desde que se fixo esta entrevista até a publicación apareceu unha nova fornada de podcasteiros das aulas da Escola do Audiovisual de Vigo e hai algún bastante xeitoso. Hai unha lista de falangullos en podgalego.org)

Que é o que falla á hora de engancharse e animarse a facer podcasts?
Uxío:
Hai quen di que faltan iPods, que se houbese máis seguramente habería máis audiencia e en parte ten razón. Pero eu teño a teoría de que as propias vantaxes son as súas eivas tamén: o feito de que non teñas présa por escoitalo, porque o podes facer en calquera momento, fai que o vaias deixando por outras cousas máis inmediatas. Para escoitar é preciso prestar atención, e para iso precisas tempo.
Despois tamén están os contidos, ten que haber algo que sexa atractivo ao que escoita, algo que o enganche...porque se proba a escoitar e non atopa nada que lle esperte nin curiosidade, entón non vai seguir buscando. Outra cousa é que a maioría da xente aínda non está afeita a aproveitar as vantaxes dos rss para subscribirse.



Falando de contidos, ti como tes enfocados os teus podcasts, comezando polo máis persoal: areias sonoras?
Uxío:
Areias é experimentar un pouco, é o máis parecido a un blog persoal, no que deito ocurrencias, ideas... son iso areas, grans pequenos, micro-viaxes interiores. Non sei definilo, pregúntalle aos que o escoitan o que pensan del. A que saben as areas sonoras? :P Corso, Carlos E. Herrera, de Ego99 fai algo parecido con Nodo3e (dito con seseo mexicano é un xogo de palabras nodo 13) ao seu xeito, pero na mesma onda, fai cousas por veces grandes grandes, a min encántame.

Un podcast sirve para falar con un mesmo e tamén cos demais...caso de c´mmons baby, como surxiu a idea?
Uxio:
Levo como dous anos baixando música baixo licenzas abertas, e descubrindo cousas boas (para o meu gusto) empecei a metelas de unha en unha en Areias, e en Podfabs! chegou un momento no que optei por metelas tamén, xa cara o final; non tanto por evitar posibles problemas legais por usar música con copyright, como por apoiar á xente que publica polos seus medios, de xeito libre, para que todo o mundo poida disfrutar del, e facendo cousas moi interesantes. Entón, canso da fórmula de Podfabs! embarqueime en facer un programa só desas músicas (que non hai demasiados, na España coñezo 3 ou 4, pode que haxa máis, non sei, e en galego non me consta) e isso... co fin de dar a coñecer esas músicas, xa que os medios oficiais e da industria non apostan por ese xeito de difundir a música

O certo é que hai moita xente que comeza a facer discos con licenzas CC, ti que opinas, vai ser ese o futuro da música?
Uxio:
Non sei se será o futuro, pero está claro que está mudando conceptos. Na entrevista que lle fixen a Noel Feáns, el apostaba que no futuro a música sería toda de balde... non sei se chegaremos a iso, pero todo depende do mercado e do consumidor. Por exemplo, un disco baixo licenzas CC, pode baixarse de balde ou mercarse físico, non é excluinte. Eu merco discos baixo copyleft, non muitísimos, pero algún, e do que eu pago por el, que adoita ser menos que un disco "da industria" gastos de portes engadidos, sei que polo menos un 50% vai directa para o autor, mentres que nos outros casos como muito pode ser dun 10% con sorte... cal é máis rendíbel para o autor? o 50% de 10€ ou o 5% de 20€?
As tiradas son menores, pero o aproveitamento é maior. E o máis importante é sempre a distribución: se non te distribuen, non es visible, non existes, xa podes ter o disco mellor do mundo. Hoxe en día coa rede, podes chegar a todo o mundo sen gastar apenas un can. Vale, se cadra non vendes, pero escoitante, e se o fas ben, pode traer concertos... etc.




Falando diso, discos copyleft favoritos tanto galegos como extranxeiros
Uxio:
Buff, agora mesmo teño no computardor preto de 300 discos baixo copyleft descargados...imaxina! :D A ver, estranxeiros, así favoritos están Odran Trümmel (franco-holandés), The Dots (Alemaña, que poñen a sintonía da cabeceira de c'mmons baby!), Half Asleep, unha moza belga con cancións terriblemente melancólicas)... Angil, que non todo o publicou aberto, pero o seu último disco é unha xoia...

E onde está toda esa música?
Uxío:
Pois en netlabels, Jamendo.com... hai unha rede ampla, máis do que muitos sospeitan. Despois hai sitios como netBloc.com que cada mes fai un compilado cun PDF anexo de máis de 30 páxinas con información dos músicos e os selos...Hai un blog arxentino ZonaIndie.com.ar, que aínda que fala de todo tipo de música, arxentina principalmente, dá muita conta de lanzamentos de bandas copyleft. Lanzou un compilado hai uns anos, Canciones pegajosas...
É todo moverse, e buscar, dá o seu choio, pero cando topas cousas interesantes compensa, apenas escoito radio musical xa, desde hai un par de anos. Radio Oceánica só :P
No caso galego, Proxecto Mourente está moi ben, Fanny e Alexander, penso que fan cousas moi interesantes, pero tirando algunha canción non me enche (xa llo dixen a Noel :) The Homens están facendo muito tamén por este xeito de difusión... Os Novedades Carminha que acaban de sacar K7, Quant, Nouvelle Cuisine... Capitán Furilo, non sei...
A taberna de Mou, sorprendeume moi gratamente, Roger de Flor...

E a pregunta de turno...que che aporta un podcast?
Uxio:
jaquecas :P

Preguntar entón cal é o motivo polo que o sigues facendo supoño que é como preguntarlle a un escritor porque sigue escribindo
Uxio:
Agora estou bastante centrado en c'mmons baby! e teño os outros algo abandonados, mas volverán, e o que fago con c'mmons baby! é tentar dar a coñecer músicas que doutro xeito non terían unha plataforma onde escoitarse, fóra das súas webs ou netlabels... unha pouca de axuda

Plataformas e programas onde si se poden escoitar outras músicas...imos dar a Radio Oceánica, que te acaba de fichar como colaborador, que vas aportar no programa?
Uxío:
Falar de músicas que están un pouco fóra da industria discográfica, do establecido, e que son interesantes tamén e teñen tanta calidade, ou máis, ca os que son hits das radios.



Vai supoñer facer cambios ao hora de facer de c´mmons baby! ou vai ser algo complementario?
Uxio:
Non sei aínda, foi todo algo súpeto, mas supoño que será un complemento un doutro, aínda que as primeiras veces supoño que rescatarei cousas que non son tan novas pero que está aínda aí para disfrutar.

Volvendo ao panorama musical, comezaches facendo algo baseado en creative commons e nun principio asociado a público minoritario, con Radio Oceánica dáselle maior difusión a este tipo de música, que pode supoñer iso para eses grupos que xa ofrecen discos en descargas gratuítas?
Uxio:
É un tema complexo. No fondo, vai depender da xente como consumidor; en parte, que os discos se publiquen na rede ou baixo licenzas abertas non significa que non se podan mercar, supoño que dependerá de se a xente se conciencia e aposta polos creadores xenerosos a favor de que a súa música se pase e comparta, ou pola contra aposta por "artistas" que só pensan en gañar cartos e ter éxito, sacando cartos mesmo dunha norma que presupón a culpabilidade dos consumidores.

É dicir, que o sistema so cambia se a xente quere.
Uxio:
Ben, se desde a industria entran en razón (cousa que dubido) tamén pasará.
É absurdo que a ti che cobren un cánon por se fas una copia dun disco que mercaches, ou descargas música na rede, e ao mesmo tempo estean a pagar a emisoras por promocionar os seus músicos. Se eu puxera unha canción en c'mmons baby! dunha banda rexistrada na Sgae (índa que hai baleiro legal cos podcasts agora mesmo) tería que pagar dereitos por emisón, igual que fan as emisoras, mas o certo é que lles estou a facer propaganda de balde.
As emisoras pagan royalties por emitir as cancións, e cobran por promocionar as bandas que as discográficas queren vender, non é un contrasentido?

Pósese incluír nun podcast a canción que ti queiras?
Uxio:
Eu meto as que quero :) antes empregaba cancións (en Fabuloseando!!) non libres de dereitos e nunca me pasou nada, claro que non tiven unha repercusión mundial como para que repararan en min. Seica houbo casos de podcasts que tiveron problemas pero o certo é que agora mesmo non está regulado (ou non me consta que o regulasen recentemente) Por poder non podes, porque estás "emitindo" e deberías pagar royalties por emisión.

Moita xente pensa que a cultura debería ser libre...se ti foses autor, que opinión che merecería iso?
Uxio:
Home, habería que saber que entende a xente por libre. Hai xente que gaña a vida facendo cultura e debería poder seguir facéndoo. Acho que non se debe confundir, o acceso libre, ao que todo o mundo debería ter dereito, a que se poda coller unha obra dun autor e vendela lucrandose sen que ao autor lle chegue nada, nin as grazas :)
De feito o lema ese de "a propiedade intelectual é un roubo" paréceme errada. Nin os que publican baixo licenzas abertas renuncia ao seu dereito a ser recoñecido como autores da súa obra... outra cousa é que a lei estea mal feita ou haxa que revisala.

Ti que cambiarías, postos a cambiar algo
Uxío:
Non ma sei de memoria :P Pero o feito de que haxa sociedades de xestión privadas... fai que o sistema estea algo corrompido. O autor debería ter máis control sobre a súa obra e non que fique "secuestrado" polas mesmas sociades que se supón deberían defendelo.
Que haxa unha regularización por lei das porcentaxes por cesións de dereitos que debería cobrar, que seica non o están, e non que o deixen en máns das editoras. Se os que crean son os autores, sen eles non habería obras, porque levan máis cartos os intermediarios? Internet e as novas tecnoloxías o que están provocando é iso, que se eliminen intermediarios: ti podes mercarlle o disco directamente ao autor que neste caso levaría o 100% dos beneficios (descontados os gastos que tivese) e non o 5-10% como agora que son as editoras as que pagan a inversión e danlle unha parte aos autores.
Cando te autoeditas, ti asumes eses gastos. Que é máis rendábel para o autor? Pois habería que facer cáculos.

Mudando de tema, como ilustrador que tamén es que proxectos tes en marcha
Uxío:
Pois seica cedo vai sair un e-book dun ouveador egrexio, cunha portada feita por min.



Veste máis como ilustrador, facendo un programa de radio ou son so afeccións?
Uxio:
O da radio sería bonito, pero agora mesmo é máis unha afección, o de ilustrador suponse que é para o que estudei, pero non lle dedico o tempo suficiente como para nun futuro dedicarme profesionalmente... non che sei, a vida dá tantas voltas...



Pois rematada a entrevista, todo o mundo a visitar c´mmons baby! Porque hai premio: un cd de Kara.o.ke firmando por Projecto Mourente, todo por respostar correctamente a unha pregunta...vas deixar pasar a oportunidade?? Déixate seducir!


5/30/2008

Fenómenos paranormais

Por un lado están as lendas urbanas que todos coñecemos, coma a da nena da curva, e por outro lado están os fenómenos paranormais que merecen ser investigados, como as mortes no traballo. Ogallá que os vivos tomen responsabilidades no asunto para que os que non o están, polo menos, descansen en paz.

Iker, a nena da curva e outras historias


5/29/2008

Love Revolution

Lenny Kravitz-Love, love, love


Creo que comecei a envexar e a odiar cando me enterei que a Vanessa Paradis estaba con Lenny. A partir de aí, toleei.


5/28/2008

Entrevista a María Lado

Estes días voltou a inquilina de casatlántica e que mellor xeito de celebralo que falando con ela. Esta entrevista é unha iniciativa cultural que parte de homes e mulleres, que comparten o administrar blogues escritos en idiomas diversos, e que forman parte do espazo da cultura marítima na blogosfera. Ademáis todos somos afeccionadas e afeccionados á poesía, sendo o poemario Berlín unha lectura compartida por todos. Como boa nova, creo que podemos adiantar que dentro dun mes haberá libro de Nove.



El mar és el camí: He vist alguns video-clips amb els teus poemes, i el mateix “Berlín” forma part d’una obra més àmplia, que combina poesia, la música de “Fanny+Alexander” i la teva pròpia interpretació dels poemes. Vas escriure “Berlín” pensant ja en donar-li aquesta dimensió “multimèdia”?

María Lado: Nun principio a escritura de berlín tratábase só de escribir unha serie de poemas, sen máis dimensión que esa. De feito berlín foi un libro feito por encarga para a colección Poeta en Compostela que promovía a AELG, o Concello de Santiago e o xornal Correo Gallego. De modo que nun principio só pretendía ser un libro en papel do máis tradicional. O feito de que despois se convertira nun poemario publicado en rede (a primeria publicación en rede foi na sección Letras de Balde de Arredemo) e máis tarde gañara esa dimensión de spoken word da man de Fanny e Alexander (a quen llo agaradecerei enorme toda a vida, pois foi inciativa deles) foi posterior. Non foi algo que planificara dende o principio. Aínda que si que é certo que teño ese interese en darlle á poesía máis dimensións que a escrita. Esa concepción da obra literaria que traspasa xéneros interésame moito.

El mar és el camí: Tu vas néixer i vas créixer a la Costa da Morte, prop de Fisterra; un lloc on la presència del mar es fa sentir en tot moment. Quina influència té, el mar, en la teva obra? I com és la teva relació personal amb el mar? També el portes “aniñado no peito”, com la Genoveva d’un dels teus poemes?

María Lado: Malia que isto pareza un tópico, creo que o mar é algo que marca muito á xente que somos da costa, xa que é un elemento moi potente, algo cunha presencia moi evidente. Para min o mar leva toda a vida aí, forma parte das miñas paisaxes, tanto reais como sentimentais, e por iso é moi recurrente no que escribo, xa que tamén é moi recurrente na miña vida. A miña relación co mar é de fascinación e mesmo necesidade. Fáiseme moi difícil vivir sen el. Pode ser que tamén o leve aniñado no peito como Genoveva :)

Una Mirada a la Ría de Vigo: Los distintos océanos y mares son diferentes; unos más cálidos, otros más fríos, unos con más sal, otros más densos, así la vida que en ellos se desarrolla también es diferente, su color es diferente, su luz es diferente, su olor es diferente, hasta el sabor de su pescado, de su marisco es diferente. ¿Has percibido esa diferencia del Atlántico respecto de otros mares y océanos?

María Lado: Teño a sensación, pero só é unha vaga impresión, de que pode haber unha diferencia -tamén plasmada na literatura, no modo en que se expresa literariamente,- entre océanos como o Atlántico das terras do norte e mares como o Mediterraneo, que , ao meu ver, transmiten unha idea diferente, unha imaxe distinta. Pero isto, xa digo, é algo que só presinto. O que si creo que hai son diferentes maneiras e visións, á hora de achegarse ao mar. Cousas que dependen máis das persoas, do enfoque, das intencións... que do mar en si.

Una Mirada a la Ría de Vigo: ¿Qué tiene de personal e identificativo el Atlántico, por tanto que no tengan otros mares u océanos, para que hayas encontrado allí tu inspiración?

María Lado: Para min o Atlántico é o meu océano, quero dicir que é co que teño trato e o que coñezo, así que iso é o que o fai persoal e identificativo para min, pois forma parte do meu imaxinario íntimo.

Ponto de Encontro: Para escrever uma obra como Berlim não basta só ter inspiração, tem de se ter um estado de alma, preenchido com saudade, melancolia, uma pitada de tristeza, enfim diz-me como foi escrever Berlim?

María Lado: Partindo da base de que foi escrito con moita constancia (pois xa digo que a obra foi un encargo que tiña un tempo de entrega e todo iso) si é certo que superado ese trámite tiven que facer queo proxecto fose meu, persoal e propio e moi afincado en min para poder escribila. De modo que adoptar un estado da alma -por conservar esa denominación que propós- era algo básicamente necesario. berlín é unha historia de amor inventado, algo xa precedido polo fracaso, e para escribilo adoptei tamén esa sensación que oscilaba entre a emoción do imaxinado, con moita tenrura, e unha tristeza na que desemboca todo. Nos meses que o escribín, que creo que foron dous, estiven metida nese ambiente continuamente. Pero sobre todo tiña a sensación de estar escribindo unha historia fermosa de final agridoce. É unha sensación moi bonita deixarse arrastrar así por un libro. Algo que parece un pouco enfermizo, si, pero moi gratificante.




Ponto de Encontro
: Para se escrever um poema como Novembro tem de se ter uma relação com o Mar.diz-me, qual a tua relação com o mar e de que forma ele te inspira?

María Lado: Para min o mar é un elemento de forza impresionante que forma parte do meu entorno dende sempre. E dende sempre me inspira de maneiras diferentes; nel atopo imaxes de tránsito, de camiño, véxoo como fonte de vida e tamén animal famento... No caso de nove (que foi finalmente o título do libro onde está o poema novembro que mencionas) o mar gañou un matiz moi violento, moi animal, que se relaciona directamente co sentimento de pertenza a un lugar, o cal tampouco era un lugar moi apracible, senón todo o contrario. O mar é ademais o axente principal das cousas que ocorren no lugar, por iso ten ese carácter en todo o poemario e non outro.



El Observatorio de la Noé: Soy una convencida activista contra el canon por préstamo en las bibliotecas y eso es algo que reflejo en mi blog casi continuamente. Son muchos los creadores que se han manifestado en contra de esta normativa, es por ello que como autora y dado que tu obra es objeto de préstamo bibliotecario, quisiera que me respondieras a la siguiente pregunta: ¿Qué piensas sobre la Directiva 2006/115/CE sobre derechos de alquiler y préstamo, que fija un canon por cada préstamo público de libros y que se viene aplicando en España desde 2007?

María Lado: Eu creo firmemente que é bo que a cultura sexa de acceso libre e que ademais ese sistema é viable para que tanto autores como outros axentes da cultura poidan vivir dignamente se replantexamos a cousas .
Claro que no sistema actual hai cousas que os autores tampouco poden controlar. Se os meus libros son obxecto de préstamo é algo que eu non podo controlar, pois eu teño libros dos que non teño os dereitos e, doutra banda, non podo pretender saber a onde van todos e cada un dos meus libros. De calquera maneira paréceme unha inxustiza enorme, porque ademais creo que as bibliotecas públicas son un dos maiores tesouros da sociedade, representan en si o acceso libre á literatura. Pola miña banda, eu intento facer o que podo porque os meus libros e textos se poidan consultar libremente, fotocopiar, imprimir, citar... e todo iso sen que se teña que pagar por eles. Non pretendo vivir dos dereitos (así polas boas) do que escribo, senón do que escribo e do que recito.


El Observatorio de la Noé: He leído en alguna entrevista previa que te quejabas de la poca afición que, en general, la gente siente por la poesía. Tus palabras concretamente fueron: “…hay muy pocos lectores y muy pocas personas que asistan a los recitales y eso, me imagino, que en parte es culpa de los poetas.” ¿Por qué piensa que los propios poetas son los culpables de esta situación? ¿Cuál cree que es el mejor método para difundir, así como crear afición a la poesía?

María Lado: A idea que durante moitos anos houbo do poeta era unha imaxe moi marcada pola aureola de tipo inspirado de altura intelectual superior ao común dos mortais. Ou sexa, alguén difícil de entender (comentario co que aínda a día de hoxe me atopo) serio e bastante aburridiño, co seu libriño debaixo do brazo adormecendo ás masas. Tamén está a imaxe do poeta máis social, que –para desgracia dos poetas e da sociedade- vénche sendo un tipo máis cercano pero igual de brasas. Esa é a idea que a xente ten metida na cabeza de poeta. Ou, cando menos é a que eu atopo nos colexios e nos intitutos cando vou ler ou dar talleres e mesmo entre adultos, tamén. Iso é culpa principalmente do sistema educativo, non nos enganemos, que nos graba esa idea a lume na fronte. Pero tamén dalgúns poetas, que se distancian eles mesmos do público, que teñen cinco minutos para ler e len quince, que se agochan detrás do libro e largan os seus textos como quen reza e cousas moito peores que fan que a xente se bote a tremer cando escoita falar de poesía. Aínda así, eu son un pouco esaxerada; non todos os poetas (e isto é así en todos os tempos) son así. Moitos teñen unha imaxe cercana e viva da poesía a así o demostran. E hoxe en día é moita a xente que se ocupa de transmitir esa idea que, durante anos, subsistía un pouco nas marxes da poesía oficial.
Doutra banda a poesía ´é variada e adopta diversas formas e estilos, está en moitos máis sitios que nos poemas (está nas películas, nos videos musicais, na publicidade...) e a xente -e tamén os poetas- comezan a tomar conciencia desa diversificación, o que mata un pouco esa idea clásica de poeta.


Singradura da Relinga
: A creación artística en xeral e a literaria en particular non se conciben senón é ligada á comunicación social. Neste sentido hai autores e autoras que seguen circunscribindo a súa acción as redes de distribución tradicionais a través de editoras e librarías.
Na sociedade actual existe outra rede de distrubución de contidos (internet) que non está en competecia coa tradicional, senón que mesmo a potencia establecendo relacións sinérxicas mutuamente proveitosas.
Hai consciencia sobre este fenómeno por parte das autoras e autores galegos e danse pasos cara o aproveitamento da rede a favor da literatura?

María Lado: Eu creo que esa consciencia é aínda moi pouca, quero dicir, que existe e que hai xente que traballa nesa liña, mesmo proxectos comunitarios e editoriais que se achegan a esas novas redes de transmisión. Pero creo que aínda é algo case anecdótico, que é moi pouca a xente que se anima a dar o salto á rede. E é algo que me estraña, e moito, sobre todo entre autores novos, que teñen na rede unha posibilidade incríble de facer chegar os seus textos aos lectores e practicamente non o aproveita ninguén. Non hai máis que ver unha plataforma como aregueifa para darse conta da cantidade de música que hai fronte a uns poucos libros. Sen embargo supoño que é algo que chegará co tempo. Polo de agora penso que a maior parte dos autores seguen precisando ter un libro de papel entre as mans. Tamén me sorprende atoparme con críticos que din iso, que os libros en internet non son libros para reseñar. Que é obra invisible. Iso é algo que me flipa e me parece simplemente unha pequena ignorancia.

Singradura da Relinga: Berlín é un poemario meritorio non só pola sinxeleza e profundidade da mensaxe, senón que nos parece tamén destacable porque a súa edición para a rede se enriquece coa fusión con otros creadores de ámbitos distintos á literatura; a música “indi” de Fanny+Alexander que están embarcados nun proxecto de contemporaneización da música galega, e na ilustración e o deseño nada menos que coa aportación do debuxante David Rubín.
Esta fusión converte a Berlín en algo cualitativamente distinto, porque a creación interdisciplinar ten unha enorme potencia comunicativa. Tes previsto impulsar máis proxectos das mesmas características?

María Lado: Se todo vai ben, en moi breve tempo sairá en papel e á maneira de toda a vida o poemario nove (do que antes falei) xa que foi gañador dun premio que contempla a edición. Falando co editor que sacará o libro (Fervenza) chegamos ao acordo de que terei liberdade para facer unha edición dixital que tal vez se retrase por cuestións de axenda propia (é que, simplemente, non dou feito :) pero que estará dispoñible nos mesmo termos de descarga que berlín. Non teño aínda pechado todo o que será nove, aínda que me gustaría que fose algo semellante, un proxecto onde se engloban varias expresións.



Beliscos Pequenos: A túa obra é moi persoal, ou iso é o que semella tras varias lecturas. No caso que nos ocupa, Berlín, todo o que expresas está baseado en vivencias reais ou a poesía sempre axuda a construír outros universos?

María Lado: En berlín hai pouco de experiencia persoal cando menos así á vista. Para construír os poemas o que adoito facer é situar unha pequena amarra coa realidade, un vínculo a min ou a algo que recoñezo que se vai cubrindo e transformando a medida que o poema avanza e se vai convertindo en literatura. A poesía, e a literatura en xeral, son métodos marabillosos para construír outros universos. e ás veces para contruír este, tamén.

Beliscos Pequenos: Utilizaches durante moito tempo a rede para comunicarte cos teus amigos, lectores e expoñer a túa obra. Dende decembro do ano pasado non actualizas o blogue, que foi o que che levou a tomar esta decisión cando agora outros autores están utilizando a rede para o mesmo que a utilizaches ti?

María Lado: Pois non foi algo planificado. Agora volvín retomar o blog, hai só uns días, pero botei uns meses sen facer nada porque o fun deixando deixando -por outras presións da vida que me restaban tempo-, e así quedou. Non me gusta ter tampouco unha relación de obligación co blog e por veces tiña esa sensación, de modo que deixeino uns meses e, ao comprobar que non pasaba nada (que o mundo non deixaba de rodar nin o ceo se desplomaba sobre as nosas cabezas) foi cando me vin con ánimo e tranquilidade suficiente para volver a el. Para min é unha maneira de forzarme a min mesma a escribir e de probar texos pequenos sen ningunha presión. Doutra banda é tamén un exercicio de comunicación co entorno, de compartir e intercambiar cos outros, ao tempo que vale para iso que todos chamamos autobombo: é dicir, para convocar polos teus propios medios á xente, sen facer carteis nin ter que agardar a que a prensa seria lle interese meter o teu recital, acto ou merenda na axenda do día.

HomesDePedraEnBarcosDePau
: Como xa O_Fartura e Besbe che fan as súas preghuntas en galego , eu , aproveitando que recitas con Gheada e seseo, voume dar o ghusto de faser as miñas preghuntas tal e como falo, en ghallegho costeño, mariñeiro e muradán .
Escoitarche ler Berlín en ghallegho, ca doSe sonoridade que da o “noso seseo costeño”, faime sentir ben , e identificarme mais se cabe ca túa poesía. Pero en Sertos Sírculos , pareSe pecado expresarse co noso aSento.
Non tes medo de que os “deuses” da normativiSaSión lingGHüistica che condenen ó inferno do despreSio?

María Lado: :D a verdade é que o da gheada e o seseo foi unha determinación que tomei dende sempre, dende que empecei a escribir e ler coas xentes do Batallón Literario da Costa da Morte. Para min é honra e orgullo falar coma falo. Ler poesía así é unha maneira de dignificar trazos lingüísticos que están historicamente mal vistos e que, non nos enganemos, nalgúns círculos aínda se ven como algo entre o anecdótico e o pouco aconsellable para a expresión culta. O que si dubidei moito, especialmente a raíz de abrir o blog, foi sobre se debía grafalos ou non, tanto a gheada e o seseo como outros trazos lingüísticos ( como diptongos e terminacións verbais). Finalmente decidín que non, non sei moi ben porque, e ás veces arrepíntome un pouco porque son solucións que co tempo se perderán completamente e eu na fala oral emprégoas a cotío, sendo tamén parte da miña maneira de expresarme.

HomesDePedraEnBarcosDePau: “Quen me dera que todo na rede fose peixe”! Esa sería a maior ilusión para un mariñeiro. Pero por desghrasia non todo na rede é peixe , nin andar no mar é doado.
Naveghar no medio do oséano das verbas, a min, as veses, prodúseme serto mareo , por iso da falta de costume.
Tí que estas máis acostumada a andar neses mares, aínda che dan arcadas ó naveghar por eses caladoiros?

María Lado: Ás veces si, e non por outra cousa que pola cantidade de literatura que aínda me falta por ler....uf! Ás veces entro nas librerías e penso “dios...pero que inculta es mariquiña”.
Foi todo un pracer.